ALEVINS. II TORNEO DELEGACION DE FERROL.

No fin de semana do 11 e 12 de maio o equipo alevín do Numancia disputaba nos campos de A Malata o II Torneo Delegación de Ferrol.

 


Ferrol 12 de maio de 2013.

O conxunto aresano do Numancia estaba encadrado no Grupo "D" xunto coa EFR. Ferrol, EFR Ferrol "B", Galicia de Caranza "B" e As Pontes "B".

As eliminatorias nunha primeira fase disputáronse na xornada do sábado 11 de maio, e os oitavos, cuartos, semifinais e final, na xornada do domingo 12.

A primeira fase do torneo para os de Ares daba comezo ás 12:30 h do sábado fronte á EFR Ferrol, partido no que os de Ares vencerían ao conxunto ferrolano por 4 - 1. Ás 14:30 h, disputaríase o segundo partido entre a EFR Ferrol "B" e o Numancia, partido no que os de Ares se imporían por 0 - 2. Ás 17:00 h tería lugar a terceira eliminatoria, na que os de Ares caían derrotados ante o G. Caranza "B" por 0 - 4. E ás 19:30 h os de Ares disputaría o cuarto e último partido desta primeira fase, partido no que o Numancia vencería ao Ás Pontes "B" por 6 - 1. Despois da disputa dos partidos e vistos os resultados, os de Ares pasaban a seguinte fase como segundos de grupo.

Na mañá do domingo 12 terían lugar os oitavos de final, nos que os de Ares se enfrontaban ao primeiro clasificado do Grupo "E", o Ás Pontes. O partido tería lugar ás 11:00 h, e os de Ares quedarían eliminados do torneo ao caer derrotados por 1 - 3.

 Alevíns Numancia de Ares. II Torneo Delegación de Ferrol. A Malata 12/05/13.

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.