Inicio Noticias Alevíns Alevíns. Eume, 3 - Numancia 8
 
 

Alevíns. Eume, 3 - Numancia 8

S.D.R. Numancia de Ares. Temporada 2008-2009. Alevines. Eume 3- Numancia 8. Copa. Mellorando pero con algúns erros graves.

24/04/09

Pontedeume

Jose.

 

S.D.R. Numancia de Ares. Temporada 2008-2009. Alevines. Eume 3 Numancia 8Segunda xornada da competición de copa no grupo 7º. A ausencia do colegiado que obrigou a arbitrar a Mahía.

Xogaron: Kike, Verónica, Martín, Carlos, Iván, Ángel e Fran de saída, tamén participaron no encontro Brais e Marcelo.

Nun campo pesado debido ás choivas e a que é de area, o equipo aresano adaptarse rápidamente ao terreo de xogo empregando en demasía o fútbol directo. O dominio no xogo viuse reflectido en goles. Estes apareceron pronto: aos 4' Martín desde fora do área poñía o 0-1, entre o mínuto 8 e o 9 conseguíronse tres goles: Carlos desde o bordo do área ao recoller un rexeite (0-2), outro en xogada elavorada con pase final de Iván a Carlos para bater desde dentro do área ao porteiro (0-3) e novo balón ao bordo do area que tira Martín para poñer o 0-4. Aos 10' outro rexeite que aproveita Carlos desde o bordo de área para poñer o 5-0. O 6-0 sería obra de Verónica desde o vertice dereito do área tras recibir un saque de esquina de Iván. Con este resultado chegaríase ao descaso.
Aos seis minutos da reanudación Brais desde a frontal tras varios rexeites fai o 0-7. A partir de aí, relaxación e despistes que fan que os locais acorten distancias, o 1-7 e 2-7 son produto de erros defensivos, erros provocados polas perdas de balón no medio campo ao tratar de encarar ao contrario en lugar de buscar apoios fáciles en compañeiros libres.
A cinco minutos do final outro balón máis que recolle Martín tras un barullo no área local e pon o 2-8 de forte disparo.
S.D.R. Numancia de Ares. Temporada 2008-2009. Alevines. Eume 3 Numancia 8Para finalizar, o 3-8 definitivo conseguido de falta onde a boa execución da falta e a mala ubicación da barreira e porteiro permitiron que entrará.
O partido pranteouse para esperar ao rival no medio campo e evitar que o Eume cargase o xogo pola banda de Iván que estaba con moletias nun xeonllo. O noso punta caía lixeiramente á dereita para deixar a saída de balón pola banda de Carlos. Non sempre se conseguiu, pois nalgúns momentos se producián desaxustes e o punta presionaba en solitario facilitando a saída de balón do rival.
Nos últimos minutos do primeiro tempo fíxose presión a todo campo e forzouse varias recuperacións de balón.
No segundo tempo tratouse de xogar igual, esperando no medio campo e obrigando ao rival a xogar onde mellor podíase controlar, pero non se conseguiu facer tan ben as cousas como no primeiro.
Abusouse en exceso da verticalidad e de encarar ao rival prescindindo do xogo máis sinxelo de apoios fáciles entre compañeiros desmarcados.
Malia todo, a elevada efectividad nos tiros afastados e a falta de contundencia do Eume ao despexar os balóns da súa área fixeron que moitos balóns mortos ao bordo do area acabasen dentro da portería local.
Bo resultado, viuse o traballo semanal nalgúns momentos do encontro, pero o equipo segue abusando da individualidade e do fútbol directo. Tambien hase de ter en conta a ausencia dalgúns efectivos como Miguel, Alberto e Roberto e os xogadores que acudiron ao encontro con molestias físicas como Kike, Iván e Marcelo.

Colaboradores

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.