Inicio Noticias Alevíns ALEVÍNS. NUMANCIA, 5 - R. SAN PEDRO, 0.
 
 

ALEVÍNS. NUMANCIA, 5 - R. SAN PEDRO, 0.

CUMPRIUSE, AGORA TOCA ESPERAR

Partido adiantado correspondente á xornada decimosétima de liga e disputado na tarde do luns entre o Numancia e R. San Pedro que rematou con vitoria local por 5 - 0. Ao descanso o resultado era de 4 - 0.


Prados Vellos 29 de abril de 2013

ALIÑACIONS

NUMANCIA: Rubén, Mario, Dani (C), Pablo Vascos, Jaime, Saúl, Pablo García, Víctor, Juan, Adrián, Martín e Iván.

Adestrador: Juan Iglesias Núñez.
Delegado: Álvaro Casás Rodríguez.

RACING SAN PEDRO: José Ángel, Diego, Anxo, Berto, Alex Sánchez (C), Alex Roca, Carlos, Javi, Miguel, Adrián, Ismael e Iván.

Adestrador: Diego Varela López.
Delegado: Santiago Ares López.

COLEXIADO: Cristian Vidal Bouza.

GOLES

1 - 0: Víctor (min. 5), centro temperado á área de Pablo García, o porteiro non atrapa o balón, Víctor róuballe a carteira dáse media volta e marca.

2 - 0: Juan (min. 20), centro á área que remata Iván, rexeitamento do porteiro, o balón chega aos pés de Juan que envía ao fondo da rede.

3 - 0: Juan (min. 21), balón en profundidade de Saúl ás costas da defensa que recolle Juan para marcar de disparo cruzado.

4 - 0: Pablo Vascos (min. 23), centro de Juan que rexeita de cabeza un defensa, o balón chega a Pablo Vascos que remata ao bote pronto ao fondo da rede.

5 - 0: Saúl (min. 31), de forte disparo raso dende o vértice dereito da área.

 

 


Partido no que o Numancia se impuxo claramente ao equipo visitante tanto en xogo coma no marcador. Os de Ares tomaron a iniciativa do partido dende o asubío inicial, chegando con claridade á meta rival e marcando o primeiro gol aos poucos minutos do comezo. Continuaron os de Ares co control do xogo, ante un San Pedro envorcado en tarefas defensivas, tratando de saír á contra, e aproveitando o forte vento reinante, con disparos afastados que causaron algúns problemas o meta local. Os de Ares chegaban con claridade e creaban ocasións, pero non materializaban. Habería que esperar aos minutos finais do primeiro período para ver os goles.

A segunda metade sería un calco da primeira, pero neste período o San Pedro envorcaríase en tarefas defensivas abortando a maioría das ocasións locais. Co vento en contra e xogando moi atrás, o San Pedro apenas inquietou a meta defendida por Adrián. Un gol de Saúl nos minutos iniciais pecharía o marcador local, posto que a contundencia defensiva do San Pedro impediría que os de Ares materializasen máis ocasións.

Agora, aos de Ares tócalles esperar para coñecer os resultados dos seus máis directos rivais, Galicia de Caranza e Eume e ver as súas opcións de cara á última xornada de liga. O venres 3 de maio, os de Ares terán que desprazarse ata Ferrol, para ás 18:00 h, enfrontarse o Galicia de Caranza na que será a derradeira xornada.

Colaboradores

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.