Inicio Noticias Alevíns ALEVÍNS. NUMANCIA, 4 - EUME, 3.
 
 

ALEVÍNS. NUMANCIA, 4 - EUME, 3.

IMPORTANTE VITORIA DOS ALEVÍNS

Partido a cara de can o celebrado na mañá do sábado en Prados Vellos entre o Numancia, segundo clasificado, e o Eume, primeiro clasificado. Tan só tres puntos era a diferenza entre ambos os dous. Tres puntos que significaban, para un, continuar na loita e con opcións de cara a alcanzar o primeiro posto, e para o outro, o de distanciarse e poñer terra de por medio. Finalmente os tres puntos quedaron na casa e os de Ares continúan con opcións.


Antes de dar comezo ao partido tivo lugar un acto enmarcado dentro da xornada antiviolencia decretada pola Delegación de Fútbol de Ferrol, co apoio unánime de todos os clubs da bisbarra. O acto consistiu na saída dos xogadores ao campo co árbitro á cabeza, posteriormente cada xogador fixo entrega dunha “carta e unha cartolina antiviolencia” aos seus pais ou persoa que os acompañase. Unha vez feita a entrega comezouse o partido.

Prados Vellos 6 de abril de 2013.

ALIÑACIONS

NUMANCIA: Pana, Mario, Dani (C), Pablo Vascos, Saúl, Pablo García, Víctor, Martín, Adrián, Iván, Jaime, Mateo e Juan.

Adestrador: Juan Iglesias Nuñez.
Delegado: Álvaro Casás Rodríguez.

EUME: Miguel, Fran, Hugo, Raúl, Juan Luís, Anthony (C), Roi, Pablo Montero, Jorge, Andrés e Pablo Moares.

Delegado: Enrique Varela Pico.

COLEXIADO: Francisco Pita Lorenzo.

GOLES: para o Numancia, Víctor (2), Saúl e Fran (propia porta), e para o Eume, Raúl (2), e Roi

0 - 1: min. 9, perda de balón dos de Ares no centro do campo da que se aproveita o Eume para poñer un pase en longo cara ao interior sobre Raúl quen supera a saída de Pana cun disparo raso.

0 - 2: min. 11, forte disparo de falta directa que rexeita Pana, o rexeitamento cáelle a Raúl que prácticamente sen ángulo de tiro marca de disparo cruzado.

1 - 2: min. 13, córner que bota o Numancia, o balón dá en Fran e coase na sua propia porta.

2 - 2: min. 24, forte disparo de libre directo de Saúl que toca o porteiro pero non o suficiente para evitar o gol.

3 - 2: min. 39, saque en longo de Adrián sobre Martín que se desfai do seu marcador, pon un pase cara á frontal da área sobre Víctor que regatea un defensa e bate ao porteo de disparo raso e axustado á base do pau.

3 - 3: min. 45, saque de esquina do Eume ao que os de Ares non están atentos, isto permite a Anthony un disparo sen oposición que rexeita Adrián, o balón cae morto na área e Roi empurra ao fondo da rede.

4 - 3: min. 47, córner que bota o Numancia e Víctor de cabeza e sen oposición envía ao fondo da rede.

 

 



Primeira metade con claro dominio eumés nos primeiros dez minutos de partido, o que lles valeu para adiantarse con dous goles ante un Numancia que non era capar de desembarazarse do xogo combinativo visitante. Un gol en propia porta do Eume meteu aos de Ares no partido para reinar a igualdade ata o descaso. Antes da retirada, un gol de Saúl de libre directo permitía aos de Ares igualar a contenda para marchar aos vestiarios con empate a dous no marcador.

Na segunda metade volvería ser o conxunto eumés o que tomaba as rendas do partido, cuns quince minutos de claro dominio nos que dispuxeron de varias oportunidades para decantar o partido no seu favor, ante un Numancia que se defendía como podía das acometidas visitantes. Neses minutos a fortuna aliouse cos de Ares, e como ocurre tantas veces no fútbol, de ser claramente dominados, pasaron a poñerse por diante no marcador mediada a segunda parte. Este gol volveu enganchar no partido os de Ares, gozándose duns últimos minutos intensos e vibrantes, pois os tres puntos eran importantes para os intereses de ambos os dous equipos. A cinco minutos do final o Eume volvería empatar a contenda, e dous minutos despois os de Ares volvíanse adiantar. Este gol sería o definitivo e o que daría os tres puntos ao equipo da casa.

Con esta vitoria os de Ares continuan segundos na táboa clasificatoria, empatados a puntos co Eume, que e o primeiro clasificado, e ambos os dous seguidos a tan só dous puntos polo Galicia de Caranza que e o terceiro. Restan tan só cinco xornadas por disputar, 15 puntos en xogo, e os tres equipos dependen de se mesmos para alzarse coa primeira praza.

Colaboradores

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.