Inicio Noticias Alevíns ALEVÍNS. NUMANCIA, 2 - CARIÑO, 1.
 
 

ALEVÍNS. NUMANCIA, 2 - CARIÑO, 1.

SUFRIUSE POLA FALTA DE INTENSIDADE.

Partido apático e un tanto raro do conxunto aresano que malia dominar e crear ocasións para salvar sen grandes problemas o partido foise vindo abaixo a medida que corrían os minutos.


Prados Vellos 16 de febreiro de 2013.

ALIÑACIONS

NUMANCIA: Pana, Mario, Dani, Pablo Vascos, Saúl, Pablo García, Martín (C), Víctor, Mateo, Jaime e Naim.
Adestrador: Juan Iglesias.
Delegado: Álvaro Casás.

CARIÑO: Diego, Martín, Marcos (C), Adrián, Cornes, Pablo Naranjo, David, Pablo Galcerán, Juan, Bruño e Mario.
Adestrador: José  Vicente Calvo.

COLEXIADO: Daniel Rodríguez Dopico.

GOLES:

0 - 1: min. 14, xogada de contraataque do Cariño que finaliza con disparo de Adrián dende fóra da área que supera a Pana por arriba.

1 - 1: min 24, saque de banda de Naim sobre Víctor que prolonga a xogada hacia dentro da área para Pablo García quen bate ao porteiro de disparo raso.

2 - 1: min. 29, balón en profundidade de Víctor sobre Martín que o eleva por enriba do porteiro.

 

 



Primeiros quince minutos de partido nos que os de Ares desaproveitaron claras ocasións de gol, algunhas delas evitadas polas boas intervencións do porteiro. Os de Ares dominaban, creaban, pero non definían. Así no minuto catorce vían como se lles adianta o Cariño dun contragolpe, e na primeira ocasión clara da que dispuxeron. O gol afectou anímicamente ao conxunto aresano que se veu un  tanto abaixo ao ver como despois dun claro dominio sobre o Cariño, éstes se poñían por diante. No conxunto visitante sucedeu todo o contrario, animáronse e volveron dispoñer de dúas novas ocasións consecutivas para marcar de novo. No minuto vintecatro empataban os de Ares por medio de Pablo García, resultado que facía xustiza aos visto ata ese momento. Malia o empate, os de Ares non volveron a ter a harmonía e a fluidez de xogo que ao inicio do partido, véndose uns últimos minutos desta primeira metade moi igualados. O marcador non se movería para irnos ao descanso con empate a uns.

Comezaba a segunda metade ao igual que a primeira, cun Numancia xogando mellor e creando. Aos catro minutos da reanudación, froito dese dominio, os de Ares poñíanse por diante no marcador. Pero ao igual que sucedera no primeiro período, os locais a medida que avanzaron os minutos foron perdendo gas, ante un Cariño que tampouco creaba, pero que defendía con uñas e dentes, saíndo cando podían ao contraataque. Nunha das súas xogadas, minuto dezaseis, tiveron unha grande oportunidade para lograr o empate, pero o balón estrelouse no longueiro. Nos minutos finais moita igualdade e moito descontrol por parte dos dous equipos para finalizar o partido co resultado de Numancia 2 - Cariño 1.

Colaboradores

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.