Inicio Noticias Alevíns ALEVÍNS. NUMANCIA, 8 - PORTUARIOS, 1.
 
 

ALEVÍNS. NUMANCIA, 8 - PORTUARIOS, 1.

OS LOCAIS FORON CLARAMENTE SUPERIORES.

Clara vitoria do Numancia ante un Portuarios que só ofreceu algo de oposición nos primeiros vinte e cinco minutos. Ao descanso ou resultado era de 4 - 1. Ao final do partido 8 - 1.


Prados Vellos 11 de febreiro de 2013.

ALIÑACIONS

NUMANCIA: Pana, Pablo Vascos, Dani, Mario, Saúl, Pablo García, Víctor (C), Juan, Naim, Mateo, Adrián, Jaime e Martín.
Adestrador: Juan Iglesias.
Delegado: Álvaro Casás.

PORTUARIOS: Canavaro, Carol, Marcos, Justo, Sergio Vigo, Ángel, Ernesto (C), Javi, Sergio Fernández, Carlos e Rita.
Adestrador: Ernesto Joaquín Jara.
Delegado: Jesús Fernández.

COLEXIADO: Martín Zakaryan.

GOLES:

1 - 0: min. 5, balón na frontal que Víctor cede atrás sobre Pablo García, este a pica e pega segundo lle cae para elevala por enriba do porteiro.

2 - 0: min. 8, roubo de balón de Juan no círculo central que pon un pase en longo sobre a carreira de Víctor e o dianteiro aresán a eleva por enriba do porteiro ante sua saída.

3 - 0: min. 12, xogada de Víctor por banda esquerda, intérnase cara ao medio e deixa a pelota morta na frontal para que Saúl entrando dende atrás marque de disparo raso.

3 - 1: min. 15, balón rexeitado pola defensa local que chega botando ao campo do rival, Justo pega un forte zapatazo en globo que se coa na portaría aresana.

4 - 1: min. 16, Pablo García de disparo dende fóra da área.

5 - 1: min. 30, centro de Jaime ao corazón da área que Martín toca lixeiramente para desviar fóra do alcance do porteiro.

6 - 1: min. 32, disparo de Jaime dende o pico da área que dá nas costas dun defensor, o balón  envelenase e se coa na portaría.

7 - 1: min. 40, centro de Mateo que toca Víctor fóra do alcance do porteiro.

8 - 1: min. 45, roubo de Saúl no centro do campo, cede sobre Víctor en banda esquerda por onde se interna para poñer un pase cara ao centro sobre Saúl que marca de disparo raso axustado á cepa do poste.

Partido correspondente á 3ª xornada de liga, aprazado no seu día ao non se poder disputar por mor do temporal.

Nos primeiros minutos de partido foi o Numancia o que asumiu o control ante un Portuarios ben repregado atrás. Pouco a pouco os de Ares foron impoñendo o seu xogo e os goles comezaron a caer do lado local. O Portuarios intentouno pero víase continuamente desbordado polo xogo e a maior envergadura do conxunto local. Ao descaso o marcador indicaba 4 - 1.

A segunda metade foi de claro dominio local ante un Portuarios que bastante tivo con defenderse da avalancha numantina. Os goles foron caendo do lado aresano ata chegarse ao resultado final de 8 - 1.

Destacar do partido a Canavaro, gardameta do Portuarios, que tivo unha actuación impresionante, mostrando gran valentía e efectuando unhas extraordinarias paradas que evitaron unha maior goleada do seu equipo.

Con esta vitoria o Numancia érguese á segunda posición da táboa, un punto por debaixo do lider, Eume Deportivo e dous por enriba do terceiro, o Narón.

 

Colaboradores

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.