ALEVÍNS. NUMANCIA, 6 - ANIMAS, 1.

Numancia de Ares ADR. Alevíns 2012-2013. Numancia 6 - Animas 1. Prados Vellos 12/01/13.A SEGUNDA METADE DECISIVA NA VITORIA LOCAL.

Partido correspondente á segunda xornada de liga alevín no seu grupo 2º que se saldou con clara vitoria do conxunto numantino. Ao descaso o marcador reflectía un 2 - 1.


 


Prados Vellos 12 de xaneiro de 2013.

ALIÑACIONS

NUMANCIA: Pana, Dani, Mario, Pablo Vascos, Saúl, Pablo García, Víctor, Martín, Adrián, Juan, Naim e Jaime.

ANIMAS: Kevin, Diego, Alex, Jose, Tomás, Martín, Adrián, Carlos, Borja, Cheito, Jonay e Kike.

COLEXIADO: Álvaro García Santaeufemia.

GOLES: Martín (2), Pablo García (2), Juan e Víctor para o Numancia, Pablo Vascos (pp) para o Ánimas.

1 - 0: min 13, pase de Pablo García ás costas da defensa sobre Martín quen controla, encara o porteiro e bateo por abaixo.

2 - 0: min 22, Pablo García de forte disparo dende o centro do campo.

2 - 1: min. 25, Pablo Vascos en propia porta ao tratar de despexar un balón á saída dun córner.

3 - 1: min. 33, pase de Saúl ao lateral dereito da área sobre Juan quen regatea a un contario, e pon un pase a frontal para Pablo García que entrando dende atrás envía ao fondo da rede.

4 - 1: min. 40, xogada que parte do centro do campo cun pase de Víctor sobre Pablo García, éste pon o balón ás costas da defensa sobre Juan quen de disparo cruzado supera a saída do porteiro.

5 - 1: min. 45, córner que bota o Numancia, o porteiro rexeita o balón e Martín entrando dende atrás e de disparo raso bateo.

6 - 1: min. 50, pase de Saúl que gaña as costas da defensa sobre Víctor, o dianteiro aresán faise co control do balón e bate por abaixo o gardameta.

COMENTARIO:

Primeiro cuarto de hora no que os locais levaron o tempo do partido creado algunhas ocasións de gol que non materializaron por falta de acerto. Mediada a primeira metade a contenda foise igualando pouco a pouco repartíndose a posesión e o control do xogo entre ambos os dous equipos sen que ningún dos dous contendentes fose quen de marcar o ritmo de xogo. Ao descanso iriámonos con vitoria local por dous tantos a un.

Na segunda metade o Numancia sairía ao terreo de xogo moito máis metido no partido que o conxunto ferrolano dominado claramente este segundo período. Froito dese dominio os goles foron caendo un tras outro ata chegarse ao resultado final de Numancia 6 - Ánimas 1.

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.