ALEVÍNS. NUMANCIA, 7 - EFR FERROL, 2.
Partido correspondiente a doceava jornada da fase de grupos que se saldou con clara victoria do cuadro aresano. Ao descanso llegouse cun parcial de 4 – 2.
Prados Vellos 1 de decembro de 2012.
ALIÑACIONS:
NUMANCIA: Pana, Mario, Martín, Iván, Josema, Jaume, Naim, Cristian, Fran, Víctor, Juan e Adrián.
EFR FERROL: David Corral, Samuel, Andrés, Javi, Martín, Santi, Miguel, Juan, Borja, Ismael, David Veiga e Pablo.
COLEXIADO: Daniel Pérez Ferro.
GOLES:
1 - 0: min. 8, balón en profundidade ás costas da defensa co que se fai Víctor para marcar de disparo raso.
2 - 0: min. 12, Fran de disparo bombeado dende o centro do campo que supera o gardameta por arriba.
2 - 1: min. 16, Santi de libre directo dende tres cuartos de campo rival.
3 - 1: min. 18, Víctor de libre directo.
4 - 1: min. 19, saque de banda do Numancia sobre Víctor quen cambia o xogo á banda contaría sobre Juan, éste intérnase polo lateral da área para marcar de disparo cruzado.
4 - 2: min. 20, novamente Santi de libre directo.
5 - 2: min. 28, xogada por banda esquerda de Víctor con pase cara ao centro sobre Martín quen se vai do seu defensor, se coloca o balón e de forte disparo dende fóra da área bate a David.
6 - 2: min 32, Juan de forte disparo dende o bordo da área.
7 - 2: min. 35, pase de Juan entre os defensas sobre Josema quen bate a David de disparo a media altura.
Partido cunha primeira metade que no primeiro cuarto estivo bastante igualada para ir impoñéndose o xogo do conxunto aresano no tramo final. Un primeiro período de moitos goles, algúns de perfecta execución de lanzamento directo. Ao descanso chegouse cun parcial de 4 - 2.
Na segunda metade sería o conxunto ferrolano o que comezaría marcando o ritmo de xogo, pero pouco a pouco foise diluíndo pasando o partido a ser claramente dominado polo conxunto local que se impuxo finalmente por un claro 7 - 2.