ALEVÍNS. NUMANCIA, 6 - ANIMAS "B", 6.

Numancia de Ares ADR. Alevíns 2012-2013. Numancia, 6 - Animas GOLES POR MEDIAS DUCIAS.

Partido correspondente á novena xornada do grupo terceiro da fase alevín que tivo variadas alternancias no marcador e que finalmente rematou con empate e repartición de puntos

Prados Vellos 10 de novembro de 2012.

ALIÑACIONS:

NUMANCIA: Pana, Jaime, Mario, Pablo García, Martín, Juan, Víctor, Naim, Adrián, Saúl, Cristian e Iván.

ANIMAS “B”: Iago, Manuel, Mateo, Carlos, Esteban, Jonnathan, Óscar San Emeterio, Alejandro, Joseph, Enrique, Álvaro, Manuel e Óscar Janeiro.

COLEXIADO: Martín Zakaryan.

 


Primeira metade con moita igualdade entre os dous equipos e que se puxo de cara para os de Ares no seu inicio, posto que un gol temperán adiantaría aos locais. Habería que esperar ata os minutos finais do primeiro período para volver ver máis goles. Catro goles serían en total os que se marcarían nos dez últimos minutos do primeiro período. Goles que permitiron ao Ánimas irse ao descanso cun tenteo parcial de 2 - 3.

1 - 0: min 3, disparo bombeado de Saúl desde o centro do campo que bota diante do porteiro e superao por alto.

1 - 1: min 19, córner que bota o Ánimas, logo de varios rexeites na área, Álvaro envía ao fondo da rede.

2 - 1: min 21, na seguinte xogada ao gol do Animas, Juan inicia un contraataque por banda esquerda con pase final a Pablo García quen dispara a porta pero o porteiro rexeita o disparo que é aproveitado por Saúl que entra desde atrás para marcar.

2 - 2: min. 23,  Joseph de forte disparo desde fóra da área.

2 - 3: min. 25, Óscar de libre directo desde o bordo da área.

Segunda metade frenética e de moitos goles que permitiron a alternancia dos dous equipos no marcador. Ningún dos dous conxuntos foi quen de impor o seu xogo, primando máis a calidade individual, fronte ao labor de equipo. Moito nerviosismo nos dous equipos porque ningún conseguía marcar a diferenza no marcador. Os goles foron caendo un tras outro de xeito alterno a medida que pasaban os minutos para chegarse ao final do partido cun xusto empate.

3 - 3: min 27, córner en curto que toca Juan sobre Saúl, quen corre paralelo á liña de fondo e de forte disparo lateral empata para os de Ares.

4 - 3: min 30, roubo de balón de Saúl no centro do campo que o pon ás costas da defensa sobre Víctor, éste encara ao porteiro e nun man a man báteo por abaixo.

4 - 4: min 35, perda de balón dos de Ares no medio campo, o balón chega a Carlos e de disparo a media altura bate a Adrián.

4 - 5: min. 41, internada por banda dereita de Esteban con centro pasado ao segundo pau para que Alejandro anote.

5 - 5: min. 42, no saque desde o centro do campo despois do gol anterior, Saúl marca de disparo directo.

5 - 6: min. 45, balón en profundidade ao pico da área sobre Manuel que bate a Adrián de disparo en globo.

6 - 6: min. 47 libre directo que executa Víctor, o balón dá na barreira. Martín faise co rexeite engatilla a porta o balón toca en Pablo García e bica a rede.

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.