Inicio Noticias Alevíns ALEVÍNS. NUMANCIA, 2 - EUME, 4.
 
 

ALEVÍNS. NUMANCIA, 2 - EUME, 4.

ADR Numancia de Ares. Alevíns 2012-2013. Numancia 2 - Eume 4. Prados Vellos 26/10/12.REPÍTESE A HISTORIA.

Nova semana na que os de Ares perden o partido despois dunha mala segunda metade.

 

Prados Vellos 26 de outubro de 2012.

ALIÑACIONS

NUMANCIA: Adrián, Fran, Pablo Vascos, Iván, Jaime, Mario, Pablo García, Dani García, Pana, Víctor, Cristián, Juan e Martín

EUME: Iker, Pablo Moares, Francisco, Hugo, Anthony, Pablo Montero, Iago, Antón, Raúl, Aarón, Pablo Vázquez, Andrés e Juan Luís

COLEXIADO: Juan Jesús Espiñeira Vara

GOLES:

1 – 0: Juan (min. 15).
2 – 0: Pablo García (min. 20).
2 – 1: Andrés (min. 22).
2 – 2: Antón (min. 35).
2 – 3: Iago (min. 40).
2 – 4: Hugo (min. 45).

 

 



Primeira metade do partido moi igualada, de moito xogo no centro do campo e con poucas chegadas claras a porta. A primeira oportunidade tívoa o Eume aos poucos minutos do inicio do partido nun disparo a queimarroupa que Pana detivo con solvencia. Habería que esperar ata o minuto quince de partido para ver a seguinte ocasión. e o primeiro gol. Balón en longo sobre Juan que chega á esquina do córner, intérnase cara ao lateral da área e case sen ángulo de tiro sorprende ao porteiro polo pau curto. Cinco minutos despois Pablo García de lanzamento de libre directo marcaba o segundo para os de Ares. E sobre o asubío final do primeiro período, saque de esquina a favor do Eume que os de Ares despexan en curto, o balón chega a Andrés quen de forte disparo dende fóra da área acurta distancias no marcador. Prácticamente as tres chegadas máis claras ás portas rivais transformáronse en tres goles. Con este resultado de 2 - 1 marcharíamos ao descanso.

Na segunda metade o Numancia non saíu ao terreo de xogo metido no partido e a medida que pasaban os minutos foi perdendo a posición no campo, en detrimento dun Eume moito máis incisivo e peleón que non tardou en tirar proveito da situación. O gol do empate no minuto trinta e cinco, obra de Antón de lanzamento directo, meteu definitivamente os eumeses no partido. Este gol fixo moito dano aos de Ares que definitivamente se viñeron abaixo, comezaron as pedidas de balón no centro do campo, e na zaga, e en ataque estiveron carentes de profundidade. Precisamente de dúas perdas de balón na área chegarían os dous seguintes goles do Eume. O 2 - 3 obra de Iago, e o definitivo 2 - 4 de Hugo despois dun forte disparo dende o bordo da área.

Colaboradores

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.