Inicio Noticias Alevíns ALEVÍNS. MANIÑOS, 1 - NUMANCIA, 6
 
 

ALEVÍNS. MANIÑOS, 1 - NUMANCIA, 6

BONITOS GOLES NO POTE

A primeira parte finalizou con 0 – 2.

Ares, 2 de decembro de 2011

Partido de liga correspondente á novena xornada do grupo terceiro, celebrado no campo do Pote de Maniños.

As aliñacións foron estas:

NUMANCIA: Álex; Dani, Jaime, Saúl, Pablo, Diego, Alejandro, Fran, Martín, Marcos, Gabi, Raúl, Diego Varela e Martín Castro.

MANIÑOS: Adrián, Santi, Iván, Héctor, Iago, Daniel, Brais, Iván Casal, Dani, Cristian, Víctor e Isaac.

ÁRBITRO: Daniel Leira López

GOLES: Brais para o Maniños ; Saúl, Alejandro (2) e Fran (3), para o Numancia.

COMENTARIO: O feito de xogar nun campo de herba natural condicionou aos xogadores visitantes nun partido no que case sempre levaron a iniciativa. O adestrador aresán, Taino, tivo a difícil tarefa de repartir os minutos entre os catorce nenos convocados para este partido.

Na primeira parte o Numancia controlou o partido pero só puido materializar dous goles pois non creaban ocasións claras de gol. Os dez primeiros minutos da segunda parte foron decisivos ao marcar catro goles que definiron o resultado, conseguindo goles de fermosas xogadas.

Colaboradores

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.