Inicio Noticias Alevíns Alevíns: Galicia de Caranza B, 2 – Numancia de Ares A, 5
 
 

Alevíns: Galicia de Caranza B, 2 – Numancia de Ares A, 5

Foron de máis a menos.

27 de febreiro de 2009

Jose

 

Galicia de Caranza B, 2 – Numancia de Ares A, 5

 

S.D.R. Numancia de Ares. Temporada 2008-2009. Equipo Alevín A. Febrero 2008En encontro disputado no campo de Caranza, correspondente ó grupo 1º da 1ª autonómica alevín, o Numancia de Ares conseguiu arrincar unha nova victoria fronte ó equipo do Galicia de Caranza B.

Polos de Ares xogaron de saída: Roberto; Verónica, Carlos (1); Iván (2), Miguel, Marcelo(1) e Alberto. No transcorrer do encontro participaron tamén : Fran, Ángel (1) e Brais.

Os tantos chegaron axiña, e así, no minuto 3 de xogo Iván rematou a porta dende a banda dereita e conseguiu anotar o 0-1. O 0-2 foi materializado por Ángel no  minuto 19 que rematou dende o borde do área pequena un balón moi ben servido por Fran dende fora do área grande. No minuto 23 Carlos aproveita un saque de esquina longo servido por Iván dende a dereita e remata con acerto dende a parte esquerda da area rival deixando o 0-3 có que finalizaría o primeiro tempo. Seguiu o ataque e dominio visitante no comezo do segundo período  e novamente Iván no minuto 2 establece o 0-4. Esta vez o pase foi de Alberto que en paralelo ó borde da area pon un balón de esquerda a dereita e Iván resolve con moita seguridade. No minuto 4 unha internada de Iván e finalizada por el mesmo cun forte disparo que rexeita con dificultade o porteiro local, o coiro queda morto ó borde do área pequena e Marcelo entrando dende atrás o envía  o fondo da rede establecendo o 0-5. Unha vez obtida a vantaxe no marcador parece que os visitantes se relaxan e que os locais poñen máis empeño en chegar á meta de Roberto que ten que intervir con acerto nun par de ocasións, pero no minuto 11 o equipo local acurta distancias 1-5 e sete máis tarde, no 18 volven a recortar 2-5, esta vez parece que os numantinos reaccionan e aguantan o resultado ata o fin do encontro, quedando así o resultado definitivo de 2-5.

En resumo, bo encontro do Numancia ata a consecución do quinto tanto, un pequeno baixón no tramo intermedio do segundo tempo e unha lixeira mellora no tramo final do encontro.

Colaboradores

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.