ALEVÍNS: NUMANCIA, 7 – PORTUARIOS, 0
Máis fácil do previsto
21 de febreiro de 2009
Xoán.
ALINEACIÓN: Roberto, Vero, Iván, Carlos, Miguel, Marcelo e Alberto. Tamén xogaron Quique e Brais.
GOLES:
1 – 0 (m.2): Iván, gol olímpico.
2 -0 (m.10): Marcelo, recollendo un excelente pase de Iván.
3 – 0 (m.19): Carlos, só ante o porteiro, tras recibir un pase de Miguel.
4 – 0 (m.23): Miguel, en xogada persoal e despois de varios rebotes.
5 – 0 (m. 31): Brais, a pase de Alberto só ten que empuxar o balón.
6 – 0 (m.37): Alberto, despois de saque de córner e tras realizar unha parede con Calos, dispara forte ao fondo das redes.
7 – 0 (m.39): De novo Alberto, fusilando dede dentro da área.
INCIDENCIAS: Partido disputado o sábado pola tarde ante a presenza de bastante público, que disfrutou dunha boa tarde en Prados Vellos.
COMENTARIO: O primeiro gol de Iván, aos dous minutos de xogo facilitou o camiño para a vitoria do equipo local, que contaba coas baixas de Martín, Fran e Ángel. Foi un partido ben xogado polos locais, empezando pola seguridade defensiva de Vero, moi segura e contundente, cortando todos os ataques do Portuarios e alcanzando un nivel altísimo. Salientar tamén as subidas por banda de Marcelo, que xogou un dos seus mellores partidos, levando o perigo en cada incursión. Se a isto sumamos a habitual regularidade de Iván, Alberto e Carlos, entenderemos o resultado final dun encontro no que o Numan levou o control en todo momento.
Sería inxusto non comentar a escasa fortuna que tivo o Portuarios nos lanzamentos de faltas directas, pois os seus disparos se estrelaron en catro ocasións coa madeira.
Con esta vitoria, consolídase a segunda posición no grupo, á espera dos últimos catro partidos de liga.