Inicio Noticias Alevíns ALEVÍNS. G. CARANZA "D", 3 - NUMANCIA, 0.
 
 

ALEVÍNS. G. CARANZA "D", 3 - NUMANCIA, 0.

ADR Numancia de Ares. Alevíns 2010-2011. G. Caranza D 3 - Numancia 0. Caranza - 2.FOI BONITO MENTRAS DUROU.
Último partido da liguilla no grupo I da Copa Alevín de Ferrolterra, onde o Numancia quedou eliminado da mesma tras caer derrotado en Caranza.


Caranza 27 de maio de 2011.

NUMANCIA: Adrián, Fran M., Pablo, Luís, Piñeiro, Alexis, Antón, Fernando, Raúl, Adri García, Anido e Alex Feal.

Nunha preciosa tarde de venres, xogábase o Numancia alevín ás súas opcións de clasificación para cuartos de final de Copa. Valíalle o empate ante un Galicia de Caranza “D” que necesitaba a vitoria para clasificarse. Este equipo do Galicia,está formado por xogadores de segundo ano e foi campión da Liga no seu grupo II. Non erá unha misión fácil para ó Numancia, pero ós nenos saíron a intentar cumprila.

Non comezaban ben ás cousas para ó Numancia, xa que no minuto 2 ós locais conseguirían o 1 - 0. Comezaba un novo partido, onde os numantinos necesitaban cando menos un gol. Pese a iso, non se volveron tolos os de Ares, mantendo a orde e realizando un bo traballo defensivo que propiciaba que o resultado ó descanso seguira sendo de 1 - 0.

Na reanudación, ó Numancia tivo que arriscar algo máis, consciente de que non lle valía esta derrota. Ós numantinos presionaron máis arriba, e tiveron varias ocasións de gol neste comezo da segunda metade, aínda que sin acerto. Estos fallos no aspecto ofensivo, páganse caro ante rivais de calidade superior. O Galicia si que aproveitou os espacios no campo para crear ocasións de gol. Mellor dito, aproveitou un erro nun saque de porta dos numantinos para conseguir o 2 - 0. Este gol fixo moito dano ó Numancia. Pese a iso, os aresáns quixeron terminar o partido coa cabeza alta, amosando o seu estilo de xogo, facendo un tramo final de partido bastante aceptable e vistoso para ó espectador. Neste tramo final, cun partido moi aberto chegaría o anécdotico 3 - 0 para ós locais, que certificaban a súa clasificación. Polo tanto resultado de 3 - 0 final, que clasifica o G. Caranza “D” para ós cuartos de final, non houbo sorpresa. Dende aquí, felicitalos e desexarlles moita sorte.

En definitiva, a falta de concentración e de pegada dos de Ares impediron a sorpresa. Quizais tamén influiu o exceso de nerviosismo nos nenos. Quizais neste partido, ós alevíns do Numancia víronse influenciados por factores ou comentarios externos, que os levaron a sair a gañar en vez de sair simplemente a disfrutar dun partido de fútbol alevín, que é o que teñen que facer nestas idades. De todo se aprende, ós nenos e tamén os maiores, seguimos aprendendo nesto do fútbol.

Con este partido, ó Numancia alevín pon o punto e final a tempada oficial. Unha tempada que iniciaron 16 xogadores, os mesmos 16 xogadores que a terminaron. Unha tempada iniciada por 8 xogadores de último ano e outros 8 xogadores de primeiro ano, 3 que subían dos benxamíns e 5 que vivían a súa segunda ou incluso a súa primeira experiencia no fútbol. Un equipo que terminuou 4º clasificado na Liga, e quedou colíder do seu grupo copeiro, quedando eliminado polo golaverage. Datos estadísticos sen importancia, xa que os resultados verdadeiramente importantes son os da formación e ilusión dos nenos. Eses datos non son numéricos, son visibles, para que todos ós afeccionados do Numancia alevín os poidan evaluar no seu libre xuízo. Dende aquí, soamente queda felicitar o plantel do Numancia alevín polo seu esforzo, entrega e ilusión nesta tempada 2010-2011.

Agora ímonos acercando ó final do curso. Quedan dous adestramentos, ó mércores día 1 e o mércores día 8 en horario habitual. No medio, acudirá ó Numancia alevín o II Torneo Concello de Miño. Para finalizar o curso, asistirá ó Numancia alevín o Torneo de Neda, o sábado 11 de xuño, onde se porá punto e final a esta tempada 2010-2011.

O sábado 18 de xuño, tocará despedirse desfrutando todos dunha merecida cea ás 22:00 na Cantina do Numancia.

¡¡¡Vémonos todos neste sprint final da tempada¡¡¡

¡¡¡AUPA NUMANCIA¡¡¡

 

Colaboradores

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.