Inicio Noticias Alevíns ALEVÍNS. NUMANCIA, 6 - MEIRAS 0.
 
 

ALEVÍNS. NUMANCIA, 6 - MEIRAS 0.

SDR Numancia de Ares. Alevíns 2010-2011. Numancia 6 - Meiras 0. Prados Vellos.BO COMEZO, CON SENTIDO COMÚN
No foron fáciles os primeiros minutos do encontro para os de Ares, pero o primeiro gol deulles confianza e encarrilaron un bo partido.

Ares, 29 de abril de 2011.

ALINIACIÓNS:
NUMANCIA: Fernando, Adri García, Piñeiro, Fran M., Luís, Anido, Antón. Adrián, Raúl, Alexis, Antonio e Alex Feal.

MEIRAS: Miguel, Adrián, Adri, Saulo, Adrián, Pedro, Gonzalo, Marcos e Carlos.

COLEXIADO: D. Daniel Calderón Pérez (Delegación de Ferrol)

GOLES: Antón, Luís, Antonio, Adri García (2) e Anido.

Primeira xornada da Copa Alevín no seu grupo I, onde o Numancia venceu con claridade o Meirás en Prados Vellos ante numeroso público.

Bonita tarde en Prados Vellos, boa temperatura e moitos nenos e afeccionados debido os partidos de biberóns, alevíns e benxamíns que tiñan lugar en Ares nesta preciosa tarde do venres. Tocáballe o turno os alevíns de dar comezo a súa competición de Copa ante un descoñecido Meirás, que puxo moita ilusión no partido.

Nos primeiros minutos, o Numancia quería levar a iniciativa pero non era capaz de ter continuidade no xogo. Pese a iso, unha boa xogada e finalizada por Antón cun bonito remate de cabeza, establecendo o 1 - 0 no marcador, ós 10 minutos. Ese gol deu confianza ó Numancia, que adiantou ás súas líneas exercendo unha forte presión ós visitantes. Unha xogada individual de Luís que termina cun tiro deste axustado o pau establecia o 2 - 0. Posteriormente unha preciosa xogada combinativa dos de Ares provoca unha entrada por banda, un fermoso centro e un bo remate dun atento Antonio no segundo pau. Era o 3 - 0 co que chegábamos ó descanso.

Na segunda metade, saíu moi forte ó Numancia e foi claro dominador do partido. Un inspirado Adri García conseguía dous goles consecutivos tras dúas internadas por banda que termiñaron con precisos disparos. Tivo moitas ocasións o Numancia durante o partido para ampliar a vantaxe. Finalmente, Anido establecería o 6 - 0 definitivo. Nos últimos intres, non quixo o Numancia excederse na súa presión, facilitando as boas maneiras e bo xogo do Meirás que tamén tivo alguna opción de conseguir gol durante o partido. Finalmente, remataba o encontro co resultado coñecido de Numancia 6 - Meirás 0.

Bo partido do Numancia para comezar a Copa. Gran participación dos xogadores de primeiro ano neste encontro, relegando ós mais veteráns o banquillo durante gran parte do partido. Bo xogo do Numancia e moito sentido común, xa que os rivais tamén son nenos e tamén xogan, e teñen tanto dereito como ós nosos nenos de divertirse co fútbol. Polo tanto felicitar os dous equipos polo bo partido realizado e polo seu bo facer.

A vindeira fin de semana, toca dar outro paso nesta competición de Copa. Toca visitar as magníficas instalación de A Gándara en Ferrol para rendir visita o Canido. Outro partido para desfrutar e intentar facer o traballo numantino da mellor maneira posible.

¡¡¡Vémonos TODOS na Gándara o vindeiro fin de semana¡¡¡

¡¡¡AUPA NUMANCIA¡¡¡

Colaboradores

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.