Inicio Noticias Alevíns ALEVÍNS. NUMANCIA, 5 - MIÑO, 1.
 
 

ALEVÍNS. NUMANCIA, 5 - MIÑO, 1.

ADR Numancia de Ares. Alevíns 2010-2011. Numancia 5 - Miño 1. Prados Vellos.BO PARTIDO PARA FINALIZAR A LIGA
Con este último encontro fronte o Miño os alevíns rematan un campionato de liga no que os de Ares acadaron o cuarto posto.


Prados Vellos 8 de abril de 2011.

ALINIACIONS:
NUMANCIA: Nando, Raúl, Piñeiro, Alexis, Pablo, Luís, Antón. Adri García, Anido, Alex Feal, Javi e Diego.

MIÑO: Juan, Rubén, Miguel, Óscar, David, Ignacio, Julio, Alberto, Marcos, Pablo e Martín.

COLEXIADO: D. Roberto Landrove Sande (Delegación de Ferrol).

GOLES: Antón (2), Pablo, Diego e Alex Feal.

Última xornada da liga alevín de fútbol – 7, no seu grupo II. O Numancia finalizou a competición vencendo o AD Miño en Prados Vellos ante numerosos espectadores.

Era unha tarde asollada e con moito calor en Ares. Un venres de festa, xa que coincidían en Prados Vellos catro partidos de fútbol, biberóns, prebenxamíns, alevíns e benxamíns. Unha festa do fútbol en estado puro que achegou a Prados Vellos a moitos espectadores.

Centrándonos no partido, a primeira metade estivo marcada pola forte calor. Ós numantinos impoñían o seu xogo de toque, pero non eran quen de imprimir un forte ritmo de xogo. Pese a iso, Antón recollería un balón ás costas da defensa visitante e conseguiría o 1 - 0 no minuto 8 de encontro. O Miño non se amilanou, e conseguía empatar o partido no minuto 15 grazas a un disparo dende fora da área. Antes de chegar ó descanso, Pablo conseguiría o 2 - 1 para ó Numancia nunha boa xogada do noso equipo. Con esta vitoria axustada do Numancia chegábamos ó descanso.

Na reanudación, a sensación de calor baixaría. Iso facilitou o esforzo e o bo xogo dos nenos dos dous equipos. Fixo o Numancia unha extraordinaria segunda metade, encontrando o ritmo adecuado de xogo. Antón faría o 3 - 1 noutra xogada individual, Diego aproveitaría un rexeite nun córner para establecer o 4 - 1 e finalmente Alex Feal terminaría unha preciosa xogada combinativa do Numancia cunha internada por banda que estableceu o 5 - 1 definitivo co que chegábamos o final do partido.

En definitiva, partido notable do Numancia para finalizar a Liga. Unha competición na que ós de Ares acadaron o 4º posto da clasificación. Boa competición ligueira do noso equipo, que foi quen de plantar cara ós primeiros clasificados nos seus encontros, e que tivo unha boa línea de xogo e resultados; poñendo por diante sempre a formación e a amplia participación de todos ós nenos en cada un dos partidos disputados nesta Liga. Pouco a pouco, a melloría individual dos xogadores mais novos vais reflexándose tamén no aspecto colectivo. ¡¡¡Toca seguir traballando¡¡¡

A vindeira fin de semana, o Numancia alevín participara no Torneo de Fútbol – 7 de Maniños, xunto co equipo local, o G. Mugardos e un equipo da escola de fútbol do Galicia de Caranza. Un bonito Torneo que servirá para preparar a competición de Copa, a cal comezará presumiblemente despois das merecidas vacacións de Semana Santa.

¡¡¡Vémonos o vindeiro fin de semana no Torneo de Maniños, o que lle agradecemos de antemán a súa invitación¡¡¡

¡¡¡Non faltedes o próximo fin de semana, esperámosvos en O Pote¡¡¡

¡¡¡AUPA NUMANCIA¡¡¡

 

Colaboradores

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.