Inicio Noticias Alevíns ALEVÍNS. G. CARANZA "C", 0 - NUMANCIA, 2.
 
 

ALEVÍNS. G. CARANZA "C", 0 - NUMANCIA, 2.

ADR Numancia de Ares. Alevíns 2010-2011. G. Caranza DESCONTROL E VICTORIA
Vixésimo terceira xornada da Liga alevín local onde o Numancia venceu con autoridade na súa visita as instalacións de Caranza ó equipo local, o Galicia de Caranza “C”.


Caranza 18 de marzo de 2011.

ALINIACIÓNS:
G. CARANZA “C”: Sergio, Diego, Iago, Unai, Iago, Edgar, Iker, Joaquín, Jonathan, Adrián, Lorena e Unai.

NUMANCIA: Adrián, Fran, Piñeiro, Alexis, Pablo, Anido, Antón. Fernando, Raúl, Alejandro, Diego e Javi.

GOLES: Pablo e Alejandro.

COLEXIADO: D. Alberto Lorenzo López (Delegación de Ferrol).

Nunha tarde primaveral de venres, visitaba ó Numancia alevín as magníficas instalacións de Caranza, para enfrontarse a un dos múltiples equipos alevíns do club local, neste caso tocaba medirse ante o G. Caranza “C”.

Comezaba o encontro con dominio alterno. Ambos equipos apostaban por xogar o balón dende atrás, facendo un xogo combinativo. Nos 10 primeiros minutos tivo mais balón o G. Caranza, finalizando as súas opcións de ataque con disparos lonxanos sen perigo e con perdas de balón. O Numancia necesitaba menos toques para chegar a portería contraria, facía un xogo combinativo algo mais directo, e levaba perigo con pases ás costas da defensa ferrolá. No minuto 10 Antón fallaba un gol cantado, un erro que ninguén agardaba. Pero non pasaba nada, porque ós numantinos facíanse co dominio do encontro e Antón nunha internada por banda resarcíase do seu anterior erro poñendo un preciso centro que remataría o inconmensurable Pablo ó fondo das mallas locais. No minuto 15 adiántabase o Numancia no marcador. De ahí ata ó descanso, varias indecisións e diversos fallos de concentración dos numantinos poideron supor o empate local, aínda que por sorte para os de Ares o debutante colexiado decretaría o descanso.

Na reanudación, un Numancia mais entonado buscaba sentenciar o partido. Perdíanse ós numantinos en conduccións de balón innecesarias, ata que o sentido común e ás ideas chegaban ata ós cerebros do equipo. Unha boa asistencia de Antón a Alejandro suporía o remate deste último que se colaba no fondo da portería local. Era o 0 - 2 a falta de 15 minutos para o remate do encontro. Volveuse o partido algo tolo ata o final, ambos equipos tiveron opcións de conseguir goles. Boa actuación defensiva do Numancia, e tamén na portería. Soamente algúns nervos incomprensibles no inicio do xogo e algúns erros de concentración facían sufrir a parroquia numantina. Por sorte, non houbo que lamentar danos psicolóxicos nin botar en falta algunhas das claras ocasións de gol erradas. Chegaba o final do encontro co resultado coñecido de G. Caranza “C” 0 - Numancia 2.

En definitiva, vitoria conseguida polos 12 xogadores do Numancia que hoxe participaron no encontro. Todos tiveron a súa oportunidade de aportar o seu gran de area ó equipo. Todos suman, e o mais importante, todos aprenden. Todos ós nenos foron saíron contentos con esta vitoria traballada ante un rival que non deu nunca o partido por perdido. Bo traballo do noso equipo, aínda que como sempre, con cousas a correxir. Para eso estamos, para aprender.

Quedan 3 xornadas de Liga, G. Caranza “D”, Cedeira e Miño. Dous partidos na casa e visita a Cedeira. Esperemos seguir onde estamos, ou polo menos seguir desfrutando e competindo da mesma maneira que ata o de agora.

A próxima cita será todo un reto, recibimos o actual líder da competición, un equipo de segundo ano, o Galicia de Caranza “D” visita Prados Vellos. Un equipo, que se esta xogando cara a cara con Narón ”B” o campionato ligueiro. ¿Será capaz o noso equipo de doblegar o líder da competición? ¿Haberá prima por parte do Narón? Estaremos atentos durante toda a semana as noticias que nos cheguen. Nos, mentres tanto, a seguir desfrutando e traballando e pasandoó moi be, que é do que se trata.

Chegan dúas citas compricadas, ó lider visita Prados Vellos e logo visitamos Cedeira.

¡¡¡De momento, vémonos o vindeiro fin de semana en Prados Vellos para, entre todos, intentar doblegar o Caranza “D”¡¡¡

¡¡¡XUNTOS PODEMOS¡¡

¡¡¡AUPA NUMANCIA¡¡¡

 

Colaboradores

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.