Inicio Noticias Alevíns ALEVÍNS. BARALLOBRE "B", 1 - NUMANCIA, 1.
 
 

ALEVÍNS. BARALLOBRE "B", 1 - NUMANCIA, 1.

ADR Numancia de Ares. Alevíns 2010-2011. Barallobre UN EMPATE MOI TRABALLADO.
Os goles subiron o marcador na primeira metade. Na segunda os dous equipos loitaron pola vitoria, ninguen se conformaba co empate. Finalmente xusto reparto de puntos.


O Ramo, 5 de marzo de 2011.

ALINIACIÓNS:
BARALLOBRE “B”: Rubén, Borja, Ramón, Diego, Raúl, Agustín, Alberto e Anxo.

NUMANCIA: Nando, Raúl, Piñeiro, Alexis, Antonio, Pablo, Antón, Adrián, Anido, Adri García e Alex Feal.

GOLES: Alex Feal.

ARBITRO: D. José M. Santos Mato (Delegación de Ferrol)

Vixésimo primeira xornada da liga alevín local de fútbol – 7 onde o Numancia obtivo un agridoce e valioso empate ante o 3º clasificado no campo de O Ramo, en Barallobre.

Nun sábado soleado e con temperatura primaveral, xogaban as 12:00 no campo de O Ramo en Barallobre o 3º e o 4º clasificado do grupo II da Liga alevín. Prevíase un emocionante e disputado partido, e non nos equivocamos, ainda que ambos equipos contaban con algunhas baixas.

Comezou o partido cuns 10 primeiros minutos onde o conxunto local era o dono do encontro. Moito empuxe e xogo ofensivo por parte do Barallobre, propiciaban algunha que outra ocasión para ós verdes. Tanto foi o cántaro á fonte que unha sucesión de erros nas filas numantinas desembocaría no 1 - 0 para o equipo local, ós 10 minutos. Tocaba remontar, coller o timón do encontro. Así o fixo ó Numancia, no ultimo treito da primeira metade dominou o encontro, impuxo o seu xogo e tivo ocasións para empatar. Nunha delas, Antón traballa no medio do campo e pasa ó balon a Alex Feal que coa sua velocidade e precisión bate o porteiro visitante. Chegaba o xusto premio do empate para ó Numancia antes do descanso.

Na segunda metade, o partido estivo moi aberto. Ningún dos dous equipos conformábase co empate. O Barallobre arriscaba moito na sua busca do gol. O Numancia tiña orde defensiva, e aproveitaba os roubos de balón no medio do campo para enlazar rápidas xogadas de ataque. Nesta segunda metade, os porteiros estiveron mais acertados que os dianteiros, polo que non houbo goles. Houbo emoción, tensión, xogadas polémicas reclamadas por ambos bandos.... pero o marcador non se moveu. Chegouse o final do encontro cun xusto resultado de 1 - 1, xa que os dous equipos esforzáronse e mereceron cando menos un punto, xa que non poideron gañar os dous.

En definitiva, intenso partido de alevíns o vivido este sábado no campo de O Ramo. O Numancia, cunha mestura de xogadores de segundo e primeiro ano, deu a cara ante un equipo veterán e con moita forza como o Barallobre “B”. Bo esforzo dos nosos xogadores, que amosan que con entrega, sacrificio e gañas de facer ás cousas ben poden plantar cara a calqueira equipo alevín que se lle poña por diante. Falta, quizais, saber gañar estos partidos. Pero recordemos, que a gañar e a competir se aprende tamén cando sexan mais maiores, agora o verdadeiramente importante e a formación educativa,  disciplinaria e futbolística dos nenos, así como a participación dos mesmos. Hoxe quedounos o típico sabor de cando se quere algo mais pero... hai que valorar e conformarse co feito, que non é pouco. E sobretodo, hai que seguir adestrando e mellorando día a día.

Agora temos unhas merecidas vacacións de Entroido, no que espero que todos vos disfracedes e o pasedes o mellor posible. Os nenos, seguro que así o farán.
Voltaremos ós adestramentos ó próximo xoves 10 de marzo ás 17:20 nas instalacións de Prados Vellos, co obxetivo de seguir mellorando e preparar o partido do próximo sábado as 11:00 da mañá ante o CD Cariño en Ares.

Polo tanto, quedades todos citados para o próximo sábado as 11:00 da mañá en Prados Vellos para animar o Numancia alevín.

¡¡¡Vémonos en Prados Vellos¡¡¡

¡¡¡FELIZ CARNAVAL¡¡¡

 

Colaboradores

Coa colaboración do concello de Ares

Coa colaboración da Deputación da Coruña.

Deporte Galego.

Real Federación Galega de Fútbol

Bodegas & Vinos Ares. Colaborador coa ADR Numancia de Ares.

Hotel - Restaurante VILLA DE ARES.

Ferretería SAR.

Centro de Quiromasaxe DOENZAS.

Seguros ZAMBORELA

Smash Padel 4

Ópticas NOROESTE Farmaóptica

Asesoría OCAMPO

Floristeria REAL

Euronics Ares.

O BODEGON

Barbería CARTELLE

Industrias LOPEZ CARTELLE

Promociones GAMUNDI Y FERNANDEZ, S.L.

GAMMA RAMIL

Artigos de regalo e papelería NIN IDEA.

Clínica Veterinaria SAN ANTONIO.

El Kiosko de EMMA

AGROTENDAS. Agro Pet Garden

Mesón - Restaurante - Vinoteca A FERRADURA.

Tarrafa . Colaborador coa ADR Numancia de Ares

Cafe Bar El Puente. Colaborador coa ADR Numancia de Ares.

Yambú Café. Colaborador coa ADR Numancia de Ares.

Textura Restaurante. Colaborador coa ADR Numancia de Ares.

O Recuncho das Teas. Colaborador coa ADR Numancia de Ares.

O Muro. Colaborador coa ADR Numancia de Ares.

IngeniAres Servicios de Ingenieria. Colaborador coa ADR Numancia de Ares.

Regaifa. Panes & Dulces. Colaborador coa ADR Numancia de Ares.

Coviran. Autoservicio Gelis. Colaborador coa ADR Numancia de Ares.

Bazar Moncho, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Peluquería y Estética María Roel, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Salón de Belleza LYP, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

A Thayberna, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Barros & Brage. Administración de Fincas, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Café Bar Avenida, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Café Bar O Gaiteiro, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Forno Cotos, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Proxest, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Peluquería Unisex Piscis, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Domus Aseores Inmobiliarios, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Bazar Chino Universo , colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Bar "Os Cuñaos - Playares", colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Bocarte Gastrobar, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Autoescuela Ruta24 - COFEPA - Caranza, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Asesoría Sar Ares S.L., colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Panadería García López., colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

O Palco, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

DV Albañilería, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Don Ero, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Innova Jardín, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Peixería Mares, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Frutas Anxo, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Complementos La Llave de Ares, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Servicios Inmobiliarios Housefulness, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Construcciones MCA Hijos de Aquilino SL, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares., colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares., colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Carnicería Charcutería Ángel, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares., colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares., colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Cafetería Casino Aresano, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares., colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares., colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Ares Clínica Dental, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.,

Joyería Aresjoya, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

José Bañobre Peluqueros, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

A Casa Nova Vinoteca, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Bar Callejón, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Red Infinita, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.,

Error Ferrol, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Trisi Sport, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Restaurante Pizzería Corbalán, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

El pez rojo, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Áncora Librería Papelería. Colaborador  coa A.D.R. Numancia de Ares

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.