Inicio Noticias Alevíns ALEVÍNS. NUMANCIA, 3 - EFR FERROL "D", 1.
 
 

ALEVÍNS. NUMANCIA, 3 - EFR FERROL "D", 1.

ADR Numancia de Ares. Alevíns 2010-2011. Numancia 3 - EFR Ferrol VITORIA SEN BRILLO
Houbo que espera ata a segunda metade para que os de Ares se puxeran as pilas, e ainda así a vitoria non foi doada.


Ares 26 de febreiro de 2011.

ALINIACIONS:
NUMANCIA: Nando, Javi, Piñeiro, Alexis, Antonio, Pablo, Antón. Fran, Adri, Alejandro, Alex Feal e Diego.

EF. RACING FERROL “D”: Marcos, Iago, Alejandro, Rodrigo, Estevo, Álvaro, Mario, Bruno, David, Juan, Brais e Pablo.

GOLES: Antón (2) e Alexis.

COLEXIADO: D. Alejandro Miño Pico (Delegación de Ferrol).

Décimo oitava xornada da Liga alevín de fútbol-7 onde o Numancia venceu con algúns apuros o Racing de Ferrol “D” en Prados Vellos ante a fiel aficción numantina.

Nunha maña de sábado con orballo e boa temperatura recibía o Numancia alevín a un dos múltiples equipos da escola do Racing de Ferrol.

Comezaba o encontro cun Numancia durmido, que en ningún momento poido impoñer o seu estilo de xogo combinativo. Soamente alguna chegada aillada a portería contraria facía ver que o Numancia quería gañar este encontro. Pero sería un Racing moito máis experto o que conseguiría adiantarse no marcador, aproveitando un regalo da defensa numantina, 0 - 1 os 15 minutos de xogo. Intentou o Numancia acadar o empate antes do descanso, pero non foi posible debido a súa precipitación.

Na reanudación, o Numancia combinaba o fútbol combinativo e os balóns longos en busca do seu dianteiro Antón. Precisamente sería éste o que acadaría o empate grazas a un lanzamento de falta. Pero o Numancia non era quen de combinar, moita precipitación e presa por chegar a portería contraria, facían que os nenos numantinos tiveran moitos erros de precisión nos pases e controis. Por sorte, os numantinos tiveron 5 minutos de calma, onde trataron ben o balón e aproveitaron o xogo polas bandas. Nunha boa xogada, Antonio abre o balón a banda, Alexis fai unha internada e consegue bater o porteiro racinguista cruzando o balón e conseguindo o 2 - 1. Intentou o Racing acadar o empate, pero nesta segunda metade a defensa numantina sí que estivo segura. Para ledicia numantina, sería Antón nun novo lanzamento de falta o que sentenciaría o encontro conseguindo o definitivo 3 - 1 a falta de cinco minutos para o final. De ahí ata o remate do encontro control do partido por parte dos locais para conseguir unha nova vitoria.

En definitiva, vitoria agridoce, xa que o xogo non foi o mellor posible. Destacar a amplia participación de moitos xogadores de primeiro ano neste partido, que teñen que ir a máis segundo avance a tempada. Toca mellorar, xa que o vindeiro partido enfrontará o 3º clasificado, o Barallobre, e o 4º clasificado, o Numancia.

Un esixente e compricado partido o que nos agarda o próximo sábado pola maña no campo do Ramo en Barallobre. Un partido de loita, traballo, sacrificio e esperemos tamén que bo xogo e vitoria. Para conseguir iso os nenos necesitarán o apoio masivo da fiel aficción numantina, que deberá animalos sen condundilos e sen descanso durante todo o partido.

¡¡¡Vémonos TODOS o vindeiro sábado en Barallobre¡¡¡

¡¡¡AUPA NUMANCIA¡¡¡

 

Colaboradores

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.