ALEVÍNS. NUMANCIA, 6 - G. MUGARDOS, 3.

ADR Numancia de Ares. Alevíns 2010-2011. Numancia 6 - G. Mugardos 3. Prados Vellos.MOI BO TRABALLO COLECTIVO
Décimo séptima xornada da liga alevín local onde o Numancia derrotou nun bo partido o G. de Mugardos no derbi de alevíns en Prados Vellos, ante unha boa presenza de público.

Ares, 5 de febreiro de 2011.

ALINIACIÓNS:
NUMANCIA: Adrián, Fran, Raúl, Alejandro, Piñeiro, Pablo, Antón. Javi, Antonio, Anido, Luís e Diego.

G. MUGARDOS: Diego, Jorge, Sergio, Adán, Pablo, Borja, Borjita, Alba, Miguel, Fernando e Adrián.

COLEXIADO: D. Roberto J. Landrove Sande (Delegación de Ferrol).

GOLES: Antón (5) e Pablo.

 



Nunha maña primaveral en Ares, con sol e temperaturas moi agradables, xogaban en Prados Vellos os conxuntos alevíns do Numancia e o Galicia de Mugardos. Dous equipos igualados na parte alta da clasificación, que prometían un partido intenso, emocionante e entretido para o numeroso público que se animou a acudir a Prados Vellos.

Comezaba o partido cun Mugardos exercendo a súa habitual presión, intentando dificultar o xogo de toque do Numancia. Con esa presión asumían riscos, en nun saque do porteiro numantino Adrían ás costas da defensa mugardesa, e aproveitado por Antón para facer un bo control e executar un disparo imparable para o porteiro visitante. 1 - 0 no minuto 5 do encontro. Seguía o mesmo guión, un Numancia obrigado a buscar balóns longos pola presión do equipo mugardés. Esa presión visitante tivo premio nunha falta de concentración da defensa numantina que propiciaría o 1 - 1 ós 12 minutos de xogo. Pero iso enfadou ós de Ares, que en dous novos envíos sobre Antón conseguirían dous novos goles por medio deste xogador, que tivo unha actuación excepcional no encontro. 3 - 1 a falta de 10 minutos para o descanso. Esos 10 minutos aproveitounos ó Mugardos para irse arriba e dominar o encontro. Conseguiría dous goles grazas a sendos disparos dende lonxe, ante os que nada poido facer o porteiro local. Con moitos goles, un bonito partido e 3 - 3 no marcador chegábamos ó intermedio.

Na reanudación, poidemos disfrutar dun partido aberto. Estivo mais acertado ó Numancia que o Mugardos en ataque nesta segunda metade. Varias xogadas combinativas e contraataques levaron perigo a meta mugardesa, e tres desas accións finalizaron con goles, dous de Antón e un de Pablo. Poría terra de por medio ó Numancia, xa que faltando 10 minutos para ó final o marcador xa reflexaba o definitivo 6 - 3. Intentou o Mugardos conseguir o empate ou cando menos recurtar diferencias. A verdade, mereceu mais goles, pero neste partido o porteiro numantino Adrián tivo unha actuación excepcional, e axudado polo gran traballo defensivo do Numancia evitou mais goles visitantes. Polo tanto, ó final do partido chegaríase cun abultado Numancia 6 - G. Mugardos 3.

En definitiva, gran derbi de fútbol alevín. Un gran partido, no que todos disfrutamos, xogadores, adestradores e afeccionados. Boa imaxe do equipo alevín do Numancia, adaptándose as circustancias do xogo do equipo rival, e facendo un partido intelixente. Gran esforzo dos nenos, moi bo traballo de todo o conxunto, moita entrega e gran acerto nas definicións cara a portería contraria. Importante vitoria que afianza ó Numancia na 5ª posición, aspecto nada importante. O bonito e ver como todos ós nenos aportan o seu gran de area, nese compricado partido o Numancia xogou cun equipo metade de primeiro ano. ¡¡¡Toca seguir mellorando¡¡¡

A vindeira fin de semana teremos unha merecida xornada de descanso, xa que así o marca o calendario da competición. Toca adestrar duro e coller folgos para o próximo partido na fin de semana do 19-20 de febreiro ante un dos líderes da competición, o Narón “B” en Piñeiros. Precioso e difícil encontro para o que nos prepararemos a conciencia.

¡¡¡Vémonos en Narón dentro de dous fines de semana¡¡¡ ¡¡¡Todos cos alevíns, todos co Numancia¡¡¡

¡¡¡AUPA NUMANCIA¡¡¡

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.