Inicio Noticias Alevíns ALEVÍNS. AMISTADE MEIRAS, 1 - NUMANCIA, 1.
 
 

ALEVÍNS. AMISTADE MEIRAS, 1 - NUMANCIA, 1.

ADR Numancia de Ares. Alevíns 2010-2011. Amistade Meiras 1 - Numancia 1. Atios (Valdoviño).EMPATE QUE SABE A POUCO
Os de Ares intentárono, sobre todo no ultimo tramo do encontro, pero a sorte nos lles soreu. 

 

Atios (Valdoviño) 29 de xaneiro de 2011.

ALINIACIÓNS:
AMISTADE MEIRÁS: Luís, Ezequiel, Raúl, Serafín, Pablo, Imanol, Meidan, Aaron e Brais.

NUMANCIA: Fernando, Fran, Piñeiro, Alejandro, Antón, Pablo, Alex Feal. Adrián, Javi, Adri, Alexis e Luís.

COLEXIADO: D. Juan Orozco Corredoira (Delegación de Ferrol).

GOLES: Antón.

Décimo sexta xornada da Liga alevín onde o Numancia acadou un empate na súa visita o campo de Atios en Valdoviño, ante o Amistade Meirás.

Nunha mañá de sábado fría e sen choiva, tocaba viaxar a Valdoviño para rendir visita ó Amistade. Prevíase un bonito choque, entre dous equipos dun nivel bastante parello, e o partido non decepcionou.

Comezaba o encontro cun Amistade dominador do mesmo. Por empuxe e xogo ós locais chegaban con certo perigo a portería numantina, aproveitando a falta de adaptación dos aresáns o campo de herba natural. Pouco a pouco, foi encontrándose mais comodo ó Numancia. Varios contraataques dos de  Ares levarían moito perigo á portería local, aínda que sen acerto. Sería no minuto 15 cando Antón nunha xogada individual acadaría o 0 - 1. Poido ampliar distancias ó Numancia ante un Amistade que acusou o gol. Pero nos últimos intres da primeira metade, un disparo lonxano dun xogador local bate a Fernando establecendo o 1 - 1 no marcador, resultado co que se chegaría o intermedio.

Na segunda metade o partido volveuse tolo. Un Amistade con maior posesión de balón, chegaba con algún perigo a meta numantina. E un Numancia que aproveitaba a súa velocidade nos contrataques, e que tiña ocasións moi claras tamén para facer gol. Ós últimos 5 minutos foron un acoso constante do Numancia, que buscaba a vitoria. Varios saques de esquina, xogadas combinativas e disparos lonxanos non atoparon premio. ¡¡¡Non era ó día de sorte¡¡¡ Incluso no último suspiro un córner sacado polos de Ares non atopa rematador, o rexeite caelle a Antón e cando se dispoñía a fusilar o porteiro o colexiado asubiaba o final do encontro, xa que pasaba un minuto do tempo regulamentario. ¡¡¡Cousas que pasan cando un equipo non ten o seu día de sorte¡¡¡ Nada que obxetar.

En definitiva, mesmo resultado que no partido de ida en Ares, ante un bo equipo como ó Amistade. Un equipo local que exerceu unha forte presión ó Numancia. Un Numancia que non podio facer o seu xogo habitual, pero que explotou as armas da velocidade ó contraataque e as xogadas de estratexia para crear perigo. Un xusto empate, entre dous bos equipos. Iso si, pensó que ós locais quedaron mais contentos que ós numantinos polo empate, posto que éstos buscaron a vitoria ata ó final. ¡¡¡Non poido ser¡¡¡

Agora toca seguir traballando en todos ós aspectos. Para iso temos unha semana por diante, antes de afrontar un partido ante outro dos bos equipos do grupo, o Galicia de Mugardos. 5º e 6º clasificado enfróntanse o sábado en Prados Vellos.

Numancia – G. Mugardos, ó sábado as 11:00 en Prados Vellos.

¡¡¡Un derby de alevíns o que ninguén debería faltar¡¡¡

E a continuación, ás 12:00 tamén haberá derby, Numancia – G. Mugardos en categoría benxamín.

¡¡¡Vémonos TODOS ó sábado as 11:00 en Prados Vellos apoiando a alevíns e benxamíns¡¡¡

¡¡¡AUPA NUMANCIA¡¡¡

 

Colaboradores

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.