Inicio Noticias Alevíns ALEVÍNS. C. MANIÑOS, 0 - NUMANCIA, 5.
 
 

ALEVÍNS. C. MANIÑOS, 0 - NUMANCIA, 5.

SDR Numancia de Ares. Alevíns 2010-2011. C. Maniños 0 - Numancia 5. O Pote.GRAN TRABALLO RECOMPENSADO
A pesar do pouco habituados dos nosos rapaces os campos de herba natural, os alevíns, foron que de supera esta circunstancia e mais o rival.

 

O Pote (Maniños) 14 de xaneiro do 2011.

ALINIACIÓNS:
C. MANIÑOS: Andrés, Ángel, César, Andrés, Mario, Adrián, Iván, Geoffrey, Iago, Cristian e Héctor.

NUMANCIA: Fernando, Antonio, Pablo, Alexis, Antón, Luís, Alex Feal. Adrián, Raúl, Anido e Piñeiro.

GOLES: Antón (2), Alex Feal, Luís e Pablo.

COLEXIADO: D. Francisco A. García Rodríguez (Delegación de Ferrol).

Décimo cuarta xornada da Liga alevín onde o Numancia levouse unha victoria merecida tras facer un gran partido en Maniños.

Tarde de venres algo fresca e nubosa, con orballos ocasionais. Xogaban nun precioso escenario, o campo de fútbol de O Pote en Maniños, os equipos alevíns do Cultural Maniños e o Numancia nun derby bonito para ós nenos, sobre todo para ós numantinos, que tiñan a oportunidade de xogar nun campo de fútbol histórico e de herba natural.

Comezaba o partido co Numancia intentando impoñer o seu xogo combinativo. Esta vez non era a presión do rival ó que ó dificultaba, senón o irregular o estado do campo de herba natural de O Pote, que non favorecía ó xogo dos de Ares. Pese a iso, ó Numancia non abandonou a súa filosofía de xogo e tras varias claras ocasións de gol, e pese a resistencia e agresividade do equipo local, Antón conseguiría facer dous goles antes do descanso para ós numantinos en sendas xogadas individuais, o que deixaba o marcador de 0 - 2 para ó Numancia no intermedio.

Nos primeiros minutos da primeira metade tivo o equipo local alguna opción, ben resolta polo porteiro e a defensa aresana. Pero de novo ós de Ares faríase co dominio total do encontro o que lle permitiría conseguir tres novos goles, un de Alex Feal tras gañar en velocidade a un defensor e facer o mais difícil, meter gol. Despois chegarían os goles de Pablo e Luís en sendas internadas por banda esquerda que rematarían con bos disparos que batían o bo porteiro do Maniños. De esta forma, o marcador ó final do partido foi o coñecido de C. Maniños 0 – Numancia 5.

Gran partido do Numancia alevín. Esta vez, podemos poñerlles un 10 a todos polo seu traballo, entrega e sacrificio. Adaptáronse a un campo de herba natural irregular, foron quen de superar a agresividade e gran coraxe do equipo local e aínda por riba foron quen de estar serios en defensa e impoñer o seu xogo combinativo, conseguindo 5 goles. Un gran partido dos nenos, que lle deron unha ledicia ós forofos afeccionados e tranquilas e animosas afeccionadas do Numancia alevín. No término medio está a perfección; esperemos que a afición poida chegar tamén algún día ó gran nivel que hoxe amosaron ós nenos.

Dende esta web tamén queremos envíarlle moitos ánimos ó bo porteiro do Cultural Maniños, Andrés Pena que ó final do partido abandonaba o campo cun golpe na perna. Desexámoslle unha pronta recuperación.

En canto ó Numancia, toca seguir traballando. Con algúns cambios como xa sabedes. Un deles é que a partir desta semana os días de adestramento pasan a ser luns e mércores en horario habitual. O próximo partido será o vindeiro sábado pola maña en Prados Vellos ante ó Ortigueira “B”.

¡¡¡Vémonos ó sábado en Prados Vellos¡¡¡ ¡¡¡A seguir mellorando TODOS¡¡¡

¡¡¡AUPA NUMANCIA¡¡¡

 

Colaboradores

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.