Inicio Noticias Alevíns Alevíns: Numancia A 8 - San Pedro 2
 
 

Alevíns: Numancia A 8 - San Pedro 2

Choiva, frío e goles.

Sábado 7 de febreiro.

Prados Vellos (Ares)

Árbitro: Jorge Martínez.

Alineación: Roberto, Verónica, Martín, Carlos, Iván, Alberto e Brais.  tamén xogaron: Miguel, Fran e Marcelo.

Goles: Martín (3), Iván (3), Carlos (2).

Mañá con moito frío e choiva. A pesar das ocasións tardaron en chegar os goles. O primeiro tanto foi obra de Iván ó tirar unha falta cometida sobre Marcelo, dende cerca área. Martín de forte disparo dende fora do área anotou o 2-0 con o que rematou o primeiro tempo. O segundo tempo foi máis movido e se anotaron os oito goles restantes. Sería novamente Martín o que anotaría o 3-0. Acurtaría distancias o San Pedro nun balón que bota diante de Roberto e non pode atallalo (3-1).  Iván en xogada persoal dende campo propio, chega ata o porteiro e con algo de fortuna acada o 4-1.  No  5-1, Carlos da mostra de pillaría dentro do área aproveitando un balón morto anticipándose a 3 contrarios. Un tiro cruzado dende a esquerda de Carlos fai subir o 6-1 ó marcador. O 7-1 chega novamente a balón parado, unha nova falta sobre Marcelo e aproveitada por Martín no seu terceiro tanto no encontro. A mala fortuna cebouse con Brais de xeito especial, pois errou unha boa oportunidade ante a porta rival e minutos máis tarde  ó tentar despexar en defensa un centro do equipo visitante desviou o balón á propia meta (7-2). O definitivo 8-2 foi obra novamente de Iván ó aproveitar un rexeite, despois dunha boa xogada de Fran que estrelou o balón no poste dereito da meta ferrolán.

Cabe destacar a boa actuación en xeral, con un par de accións de Alberto que puideron finalizar en gol. A Roberto con pouco traballo pero ben resolto en xeral a pesar de sufrir moito có mal tempo climatolóxico. E Brais que se mostrou moi participativo, inda que non o acompañou a sorte. En definitiva partido moi aceptable de todos polo que merecen ser felicitados.

 

 

Colaboradores

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.