ALEVÍNS. NUMANCIA, 1 - CEDEIRA, 2.

SDR Numancia de Ares. Alevíns 2010-2011. Numancia 1 - Cedeira 2. Prados Vellos.BO PARTIDO, MAL RESULTADO.

A falta de acerto nos últimos metros, e os despistes defensivos, impediron os de Ares sacar algo positivo.

 

Prados Vellos, 18 de decembro do 2010.

Numancia: Adrián, Antonio, Piñeiro, Fran, Luís, Pablo, Anido, Fernando, Raúl, Alexis e Alex Feal.

COLEXIADO: D. Ramón Cajete De La Vega (Delegación de Ferrol)

GOLES: Piñeiro.

 



Duodécima xornada da Liga Alevín onde o Numancia caeu derrotado ante ó Cedeira en Prados Vellos ante numeroso público.

Nunha preciosa mañá de sábado de Nadal con sol e temperatura algo fresca, despedía o Numancia alevín este ano 2010 en canto ós partidos oficiales. Mañá con moitos partidos de fútbol base en Prados Vellos, o que provocou que numerosa afición presenciara ós mesmos.

Falando de fútbol, foi un partido onde os dous equipos tiñán alguna baixa importante. 5º e 4º clasificado enfrontábanse, e o cuarto clasificado levouse o gato a auga. Un partido disputado de poder a poder, con alternativas no xogo para os dous equipos. O Numancia fixo bo xogo pero esta vez non estivo acertado nos últimos metros. Pola contra o Cedeira aproveitaba ós despistes defensivos numantinos para adiantarse no marcador, conseguindo o 0 - 1 no minuto 15 do partido.

Na segunda metade, presionou moito mais o Numancia, impedindo o xogo do Cedeira. Pero outra falta de concentración numantina e aproveitada polo Cedeira para facer o 0 - 2 no remate dun córner. Posteriormente o Numancia acurtaría distancias gracias a un gol de Piñeiro, nun disparo lonxano. Ós últimos 10 minutos foron un claro acoso e dominio do Numancia ante a portería cedeirense, pero como dicíamos, hoxe non era o día dos de Ares en canto a definición, polo que o marcador non se moveu, levándose a vitoria ós visitantes polo xa coñecido marcador de 1 - 2.

En definitiva, bo partido dos locais en canto a xogo, o que lle faltou definición de cara a portería visitante e concentración defensiva para conseguir algo mais. Tamén dicir que enfronte estivo un bo equipo como o Cedeira SD ó que felicitamos pola súa vitoria.

Agora toca rematar este ano 2010 coa participación entre o 27 e o 30 deste mes no tradicional Torneo de Mugardos de fútbol sala. Estade TODOS atentos esta semana á páxina web xa que nela publicaremos ás datas, horarios e convocatorias para ós partidos de fútbol sala en Mugardos. ¡¡¡Estade moi atentos e ante calquera dúbida poñedeos en contacto co club¡¡¡

Polo demais, a seguir disfrutando desta tempada, que retomaremos o próximo sábado 8 de xaneiro en Miño para rendir visita ó equipo local.

¡¡¡Vémonos todos no Torneo de Mugardos a vindeira semana¡¡¡ ¡¡¡Atentos a web¡¡¡

¡¡¡Felices Festas e próspero ano 2011¡¡¡

¡¡¡AUPA NUMANCIA¡¡¡

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.