ALEVÍNS. G. CARANZA "D", 4 - NUMANCIA, 1.

SDR Numancia de Ares. Alevíns 2010-2011. G. Caranza BOA IMAXE ANTE UN GRAN EQUIPO
Nóvena xornada da Liga alevín onde o Numancia caeu derrotado ante ó líder da competición nas instalacións de Caranza.

 

Caranza, 10 de decembro do 2010.

ALINIACIÓNS:
G. CARANZA “D”: Bruno, Daniel, Jorge, Dani, Gabriel, Carlos, David, Javi, Iván e Álvaro.

NUMANCIA: Adrián, Raúl, Piñeiro, Fran, Antón, Pablo, Anido, Fernando, Adri, Luis, Alexis e Diego.

COLEXIADO: D. Bruno Ameneiro Pita (Delegación de Ferrol)

GOLES:
G. Caranza “D”: Daniel (2) e Álvaro (2).
Numancia: Antón.

Visitaba ó Numancia ó líder da competición nunha preciosa tarde de venres seca e con boa temperatura. Os numantinos tiñan unha misión difícil, a de parar a un bo equipo e plantáronse en Caranza con toda a ilusión do mundo.

Comezou o partido cun G. Caranza que explicounos a todos ós presentes o porqué está no mais alto da táboa. Un equipo formado íntegramente por xogadores de segundo ano, que levan anos xogando xuntos. Xogadores fortes físicamente, con bo desprazamento de balón, intensidade defensiva e moita claridade no xogo colectivo en ataque. Podemos dicir que este equipo na primeira metade xogou de memoria. Ante esa superioridade, o Numancia fixo un bo traballo defensivo na primeira metade. Moitas vasculacións, coberturas e axudas defensivas impedían que os locais chegasen con claridade a meta numantina. Pero 3 erros de concentración pagáronse caros ante un bo equipo. Foron 3 goles antes do descanso, polo tanto, 3 - 0 no intermedio.

Na segunda metade o G. Caranza xa non estaba tan cómodo. Os numantinos viñéronse arriba e foron capaces de quitarlle por momentos o balón ós locais. Sabemos que o Numancia alevín cando ten o balón sabe tratalo ben. Gracias a ese bo trato, chegou alguna que outra ocasión que meteu o susto no corpo dos locais. Posteriormente, nun contraataque chegaba o cuarto gol do G. Caranza. De ahí o final, chegaría o gol de Antón no lanzamento dunha falta. Mais ocasións para o Numancia cun tiro o traveseiro incluido. Non había sorte, o bo traballo do encontro non tiña premio en canto a puntuación. Tamén hai que dicir que esta vez o empate non sería xusto. Polo tanto o final victoria merecida para o G. Caranza “D”.

Polo tanto felicitar os locais, un equipo serio candidato a gañar a liga alevín. A verdade, daba gusto velos na primeira metade. Claro, que cando se ten todos esos condicionantes dos que falamos ó principio o meritorio non e xogar ben o fútbol, o realmente meritorio e querer facelo. Polo tanto, noraboa polo fútbol e pola victoria.

En canto ós numantinos, foron quen de plantar cara a un equipo superior. Fixeron un bo traballo defensivo e demostraron que saben xogar ó fútbol cando tiveron opción de ter o balón. Un equipo con moito marxe de mellora individual. A mellora individual dos xogadores claro está que levará consigo unha mellora colectiva. Non e o mesmo querer dar un pase ben, que poder facelo. Con paciencia, estamos aínda en decembro, e para ós resultadistas, temos a sorte de estar 5º clasificados aínda con a metade dos xogadores de primeiro ano, algún deles vivindo a primeira experiencia no fútbol federado.

Polo tanto, soamente nos queda seguir mellorando e desfrutando. Vale si, tamén seguir competindo, pero iso e secundario.

Próximo partido, o vindeiro sábado pola mañá en Prados Vellos ante o 4ª clasificado, o Cedeira SD. ¡¡¡Bonito partido¡¡¡

¡¡¡Vémonos ó sábado en Prados Vellos¡¡¡

¡¡¡AUPA NUMANCIA¡¡¡

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.