ALEVÍNS. NUMANCIA, 4 - G. CARANZA "C", 3.

SDR Numancia de Ares. Alevíns 2010-2011. Numancia 4 - G. Caranza VICTORIA NUN PARTIDO EMOCIONANTE
Décima xornada da Liga Alevín onde o Numancia venceu con suspense o G. Caranza “C” en Prados Vellos.


Ares, 4 de decembro do 2010.

ALINIACIÓNS:
Numancia: Adrián, Raúl, Javi, Antón, Luís, Pablo, Anido, Fernando, Piñeiro, Diego e Alex Feal.

G. Caranza “C”: Sergio, Diego, Marcos, Iago, Unai, Iago, Marcos, Iker, Joaquín, Edgar, Adrián e Jonathan.

COLEXIADO: D. Rodrigo Serrano Naveiras (Delegación de Ferrol)

GOLES: Pablo (2), Antón e Anido.

 

 

Mañá de sábado fría e seca para presenciar un encontro entre o Numancia e o G. Caranza “C”. Un partido entretido para o espectador, e con alternativas no marcador.

Comezaba o encontro co Numancia intentando impoñer o seu xogo combinativo, algo que impedían os visitantes cunha forte presión moi arriba. Non se sentían cómodos ós numantinos e nunha longa xogada ós visitantes conseguirían adiantarse no marcador, 0 - 1 ós 15 minutos de xogo. Intentou o Numancia con mais forza que xogo ir arriba, e conseguiría o empate nunha boa internada de Pablo que consegue envíar o balón dentro da portería visitante. 1 - 1 no minuto 20. Pero xusto antes de chegar ó descanso, un disparo lonxano do G. Caranza introdúcese na meta aresá, poñendo o 1 - 2 no marcador xusto antes do intermedio.

Na reanudación, saíu o Numancia a polo partido pero unha falta sacada maxistralmente por un xogador visitante suporía o 1 - 3 ós 5 minutos da segunda metade. Non se renderon os aresáns, que foron quen de impor o seu xogo ata o final do partido conseguindo remontar o encontro gracias ós goles de Antón, Pablo, nunha xogada de estratexia, e finalmente Anido que conseguiría o 4 - 3 definitivo aproveitando un pase interior ás costas da defensa visitante e definindo maxistralmente coa súa perna esquerda. Foi un premio ó atrevemento e boa predisposición do Numancia, e un castigo quizais excesivo o bo partido que fixo o G. Caranza “C” en Prados Vellos. A xustiza no fútbol a marca o resultado final, que foi o xa coñecido de 4 - 3.

En definitiva, regular partido do Numancia que soamente poido impor o seu xogo en determinados momentos do encontro. As imprecisión dos seus xogadores sumado o bo traballo do conxunto visitante, fixo que o partido resultara compricado, aínda que con un final feliz para a parroquia numantina.

A vindeira fin de semana xogaremos ante o líder da competición, visitaremos as instalación de Caranza para enfrontarnos a un equipo de segundo ano, o G. Caranza “D”. Un partido, xunto co do Cedeira en Ares dentro de 15 días, que servirá para medir o potencial numantino, enfrontándose ós equipos da zona mais alta da táboa. Pase o que pase, o importante e seguir disfrutando.

Vémonos todos en Caranza o vindeiro fin de semana. ¡¡¡Non faltedes¡¡¡

¡¡¡AUPA NUMANCIA¡¡¡

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.