Inicio Noticias Alevíns ALEVÍNS. NUMANCIA, 3 - BARALLOBRE "B", 5.
 
 

ALEVÍNS. NUMANCIA, 3 - BARALLOBRE "B", 5.

SDR Numancia de Ares. Alevíns 2010-2011. Numancia 3 - Barallobre OS REIS MAGOS ANTICIPÁRONSE EN ARES.
Oitava xornada da liga alevín onde o Numancia caeu xustamente derrotado ante o Barallobre “B” en Prados Vellos.


Ares 20 de novembro do 2010.

ALINIACIÓNS:
NUMANCIA: Adrián, Antonio, Adri, Fran, Antón, Pablo, Anido, Fernando, Raúl, Alex Feal e Luís.

BARALLOBRE “B”: Rubén, Borja, Ramón, Alberto, Iago, Diego, Raúl, Samuel, Agustín e Dani.

COLEXIADO: D. Roberto Landrove Sande (Delegación de Ferrol)

GOLES: Antón (2) e Antonio no Numancia.

Nunha mañá desapacible en Ares, con moito vento e chubascos fortes, poucos foron os valentes que acudiron a Prados Vellos a presenciar un encontro que enfrontaba a dous equipos da zona alta da clasificación. Un Numancia co seu fútbol combinativo enfróntábase a un Barallobre con todos os seus xogadores de segundo ano, un equipo forte e que exerce moita presión.

Comezaba o encontro con boa predisposición dos de Ares intentando xogar o balón dende atrás. Pero a forte presión do Barallobre e os erros na portería e na defensa numantina fixeron que os visitantes acadaran 3 goles en 15 minutos, poñendo o partido moi difícil para o Numancia. Pese a iso, o Numancia non abandonou a súa filosofía, espertou e foi quen de recurtar distancias grazas a un gol de Antón, establecendo o 1 - 3 co que se chegou o descanso.

Na segunda metade foi o Numancia a polo encontro. Nos primeiros 10 minutos Antonio acadaría o 2 - 3, e posteriormente tivo opción o Numancia de empatar, ainda que sen acerto. Aínda encima, outro novo erro por partida doble na portería numantina agasallaba o Barallobre co cuarto gol, establecéndose o 2 - 4 favorable os visitantes. Un mazazo para os aresáns, e mais se cabe cando os do Barallobre facía o 2 - 5 minutos despois. Nos últimos minutos, bo xogo numantino, do mellor do partido. Xogadas de ataque, nunha delas un cornér sacado por Luís e rematado cun cabezazo sensacional por Antonio e un xogador visitante para o balón coa man na línea de gol. Penalty que Antón executa e converte no que sería o 3 - 5 co que terminaría o encontro.

En definitiva, bo partido do Numancia en canto a xogo e fútbol ofensivo. Desastroso partido no aspecto defensivo e na portería. Esto último empeza a ser preocupante xa que dous porteiros que se atopan no seu último ano de alevíns non poden ter erros tan graves xornada si, xornada tamén. Esperemos que se poñan ás pilas, e demostren que son ambos moi bos porteiros. Tamén influiron as dúas importantes baixas de xogadores de segundo ano, ante un equipo de segundo ano que se basa na forza, notáronse en exceso esas baixas.

Felicitar os xogadores dos dous equipos pola súa loita, entrega e resistencia o vento e a choiva.

Dar tamén a noraboa a SD Barallobre “B”, un bo equipo veterano, e serio candidato a levarse a Liga Alevín no seu grupo 2.

En canto a Numancia, o vindeiro sábado toca unha longa viaxe. Desplazámonos a Cariño para xogar ante o equipo local, esperando recuperar a senda das victorias, pero sobretodo, seguir dando minutos a todos os nenos e desfrutando do fútbol e de todo o que o rodea.

¡¡¡Imos todos de excursión a Cariño o vindeiro fin de semana¡¡¡ ¡¡¡¡Non faltedes¡¡¡

¡¡¡AUPA NUMANCIA¡¡¡

 

Colaboradores

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.