Inicio Noticias Alevíns ALEVÍNS. EFR FERROL "D", 4 - NUMANCIA, 5.
 
 

ALEVÍNS. EFR FERROL "D", 4 - NUMANCIA, 5.

SDR Numancia de Ares. Alevíns 2010-2011. EFR Ferrol VICTORIA SEN DESFRUTAR
Séptima xornada da Liga alevín local onde o Numancia venceu con demasiado sufrimento ante o Racing “D” nas instalacións de A Malata.


Ferrol 12 de novembro do 2010.

ALINIACIÓNS:
E.F.R. FERROL “D”: Marcos, Iago, Alejandro, Rodrigo, Álvaro, Mario, Bruno, David, Brais e Pablo.

NUMANCIA: Adrián, Fran, Antonio, Piñeiro, Antón, Pablo, Luís, Fernando, Javi, Alex Feal, Diego e Alejandro Saavedra.

COLEXIADO: D. Francisco García Rodríguez (Delegación de Ferrol)

GOLES: Pablo, Piñeiro e Antón (3)

Nunha tarde de venres algo fría pero onde a choiva deu tregua, visitaba o Numancia alevín as instalacións de A Malata para medirse a un dos múltiples equipos racinguistas, o Racing “D” que conta con todos os seus xogadores de primeiro ano.
Comezaba o encontro cos numantinos durmidos, e os ferroláns cun xogo combinativo eran capaces de encerrar o Numancia. Pero nun roubo de balón Pablo encara a portería local e consegue o 0 - 1 para os de Ares. Sen tempo para que os locais reaccionaran, Antón aumentaría a vantaxe numantina, 0 - 2 a os poucos minutos. Uns últimos 10 minutos malos do Numancia, pasábanlle factura xa que o Racing foi quen de empatar o encontro antes do descanso, 2 - 2.

Na segunda metade o Numancia saiu decididamente a polo partido. Un precioso centro de Antón nunha falta termina cun remate impecable de cabeza efectuado por Piñeiro, que conseguía o 2 – 3, volvían os de Ares a porse por diante no marcador. O Racing arriscaba e deixaba espacios. Uns espacios moi ben aproveitados por Antón, que conseguía dous novos goles o contrapolpe en xogadas individuais, poñendo terra de por medio, 2 - 5 a falta de 10 minutos. Pero de novo o Numancia durmiuse nos últimos instantes do encontro, regalando dous goles o Racing en apenas dous minutos, cando o partido xa finalizaba, 4 - 5. Iso provocou que os numantinos terminasen pedindo a hora nun encontro que tiñan controlado e donde a superioridade tiña que manifestarse cunha victoria mais ampla. Finalmente, ledicia da parroquia numantina e vitoria, 3 puntos para seguir loitando na zona alta da clasificación.

En definitiva, bo partido dos nenos, con bo xogo por momentos e con bastante efectividade nos últimos metros. Unha mágoa os despistes defensivos que provocaron que o partido se compricase en exceso.

Haberá que analizar os motivos desas páxaras que teñen ós nenos durante os encontros. Unha delas podería ser que simplemente son nenos, e como tal, e compricado que manteñan a concentración a tope durante 50 minutos. Outro dos motivos, quizais o mais razoable, e a excesiva presión que reciben ós nenos dende a banda (e non precisamente dende o banquillo). Quizais os nenos confúndense entre tantos berros, tantas instruccións, tanta presión. Penso que deberíamos deixar os nenos desfrutar, tomar eles mesmos as decisións no partido, e non quentarlles a cabeza con gritos que o único que provocan e que se poñan nerviosos, fáganse un lío na cabeza e teñan medo de tomar responsabilidades. ¡¡¡Deixémolos desfrutar¡¡¡ A ver se no próximo partido, se gañe ou se perda, podemos dicir que os rapaces desfrutaron. Neste último encontro, pese a victoria, teño moitísimas dúbidas de que os nenos desfrutaran e marcharan contentos para as súas casas. ¡¡Cada un que reflexione sobre os seu comportamento nos partidos¡¡¡ ¡¡¡Todo sexa polos nenos, e polo equipo¡¡

O vindeiro sábado pola maña teremos un partido bonito. Visita Prados Vellos o Barallobre B, un rival directo na loita polos primeiros postos da clasificación. Interesante encontro para medir o nivel dos dous equipos. Necesitan os nenos o apoio de toda a fiel afección numantina, pero sen esquecerse de que simplemente será iso, un partido de fútbol alevín. ¡¡¡Non faltedes¡¡¡

¡¡¡Vémonos o próximo sábado en Prados Vellos animando o Numancia¡¡¡

¡¡¡AUPA NUMANCIA¡¡¡

 

Colaboradores

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.