ALEVÍNS. NUMANCIA, 4 - NARÓN B, 6

 PARTIDO ABERTO E CON MOITOS GOLES

Encontro con alternativas no marcador e moitas ocasións de gol.

 

Ares, 5 de novembro de 2010

Partido correspondente á sexta xornada de liga, celebrado en Prados Vellos entre o equipo local e o Narón B, líder da competición.

ALINEACIÓN

NUMANCIA: Adrián; Fran, Antonio; Carlos, Antón, Pablo; e Anido. Ao longo do partido foron entrando tamén Adrián, Raúl, Alejandro, Luis e Fernando.

GOLES:

0 – 1 (4 m.): Roubo do balón do Narón B na frontal da área numantina e tiro raso e cruzado que supera a Adrian.

0 - 2 (12 m.): Mala entrega do porteiro local que permite ao Narón B conseguir o segundo gol a portería baleira.

1 - 2 (19 m.): Recuperación de balón por parte de Raúl e pase longo de Carlos para Antón que acurta distancias.

2 – 2 (22 m.): Córner favorable ao Numancia e, tras varios rexeites, Fran acerta enviando o balón ás redes.

3 - 2 (28 m.): Outro córner favorable aos locais que remata Antón, de semi-volea desde cerca da portería.

3 - 3 (29 m.): Gran disparo desde fóra da área dun xogador naronés.

3 - 4 (31 m.): Mal control da defensa aresá que facilita o ataque do Narón B pola súa banda dereita e, tras pase ao centro da área, remate ao fondo das mallas.

3 - 5 (42 m.): Tras varios disparos e rexeites, o balón acaba finalmente en gol.

4 - 5 (45 m.): Saque longo de Fernando que supera á defensa visitante; Antón, regatea ao porteiro e consegue dar emoción ao partido.

4 - 6 (47 m.): Contraataque do Narón B e remate que rexeita Fernando. O segundo disparo pecha este partido.

 

COMENTARIO:

Esta tarde tivemos a oportunidade de observar a dous equipos que intentan ofrecer un fútbol de control e pase de balón, procurando paredes e outras combinacións entre os seus xogadores. O Narón B presentaba un equipo de nenos moi novos, de primeiro ano de alevíns e saía presionando arriba a un Numancia que non renunciaba a saír xogando o balón desde a súa propia área, aínda que iso conlevase moitos riscos ante uns dianteiros visitantes rápidos e listos. Podemos afirmar que esta práctica acaba provocando situacións de perda de balóns en defensa que, en ocasións, facilita os goles do equipo contrario. Mais tamén hai que preguntarse se é preferible buscar o pase longo ao dianteiro, sen ningunha posibilidade para os outros nenos, ou procurar que todo o equipo toque o balón e participe no xogo. Ou, o que é a mesma pregunta: Cal é o obxectivo destas categorías? Gañar os partidos de calquera maneira? Todos debemos reflexionar e cuestionarse que queremos, desde directivos ata pais e nais.

Volvendo ao partido, comentar que os primeiros dez minutos foron dominados claramente por un Narón B que non deixaba respirar aos numantinos, quizás un tanto apáticos e apagados. Dous goles e algunha outra ocasión decantaban o encontro para os naroneses, capitaneados no centro do campo por un “10” con moita calidade. Despois de varios cambios en ambos equipos, os xogadores locais cambiaron a súa actitude e puidemos ver os mellores minutos do Numancia, creando varios ocasións de gol e materializando dous tantos que levaron o empate ao descanso.

A segunda parte comezou de forma trepidante: en seis minutos tivemos un tiro ao poste de Antón, e tres goles, un do propio Antón e dous para os visitantes. Tras unha pausa duns dez minutos, chegamos á recta final con outra tromba de goles: outros tres goles nos seis minutos finais.

Ao final do partido, máis alegría nos visitantes pero tamén certa satisfacción nos locais, que deron a cara ata o último minuto. Mágoa de que algúns xogadores tarden en “meterse” no partido e ofrezan certas lágoas na súa concentración ou na disputa dos balóns. Todo se andará ...

 

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.