ALEVÍNS. G. MUGARDOS, 1 - NUMANCIA, 2

VITORIA ¡¡¡POR COJ…,CORAXE¡¡¡
Cuarta xornada da Liga alevín de fútbol – 7 e vitoria do Numancia no derbi ante o Galicia de Mugardos 
 
Ares, 23 de outubro de 2010
Partido disputado nas instalacións de A Malata, en Ferrol. ante unha boa presencia de afeccionados numantinos, mugardeses e compoñentes de outros clubes da comarca.
 
ALINEACIÓNS:
G. MUGARDOS: Diego, Borja, Jorge, Ignacio, Anxo, Pablo, Mario, Borja, Alex, Miguel e Francisco.
NUMANCIA: Fernando, Fran, Raúl, Alexis, Antón, Pablo, Anido, Javi, Adri, Alex Feal, Luís e Diego.
 
Goles: Anido e Antón.
 
Árbitro: D. Jaime Cercido Ramos. (Delegación de Ferrol)
 
COMENTARIO:
Nun venres de outono con nubes e aire fresco, viaxaba o Numancia ás instalacións de A Malata para xogar co equipo que exercía de local, o Galicia de Mugardos. Os aresáns eran moi ben recibidos polo persoal do Racing Club Ferrol, así que agradecemos o seu bo trato e a súa amabilidade antes do partido.
 
Centrándonos no encontro, tiña o Numancia un rival complicado, con moitos xogadores de segundo ano. Un Mugardos cun estilo de xogo moi ofensivo, con dous dianteiros que exercían unha forte presión na saída do balón numantino, acompañados por todo o seu equipo, correndo moitos riscos. Os de Ares non poideron desplegar o seu xogo nos primeiros minutos, e víronse cun gol en contra aos 15 minutos. A primeira metade foi do Mugardos, tendo varias ocasións de gol que non souberon materializar, grazas tamén ao bo traballo defensivo numantino. O Numancia nesta primeira metade tivo algunha ocasión ao contragolpe, pero non puido evitar que o resultado no intermedio fora de 1-0 favorable aos locais.
 
Na segunda metade cambiou a historia. O Mugardos tivo un pequeño baixón, que lle impedía presionar coa mesma intensidade. O Numancia sentíase cómodo no campo, alternando xogo combinativo e contragolpes. Moitos espazos deixaba o Galicia na súa defensa, e iso aproveitouno un rápido Anido para conseguir o empate nun un contra un ante o porteiro. Minuto 10 da segunda metade con 1-1 no marcador. Nos últimos 15 minutos veuse abaixo o Mugardos, o que aproveitaron os numantinos para ir a polo partido. Tras varias ocasións claras de gol, Antón recollía o premio ao seu traballo inconmensurable no encontro cun gol nun disparo de media distancia. 1-2 no marcador, a falta de 10 minutos de sufrimento. Neses últimos 10 minutos foron os locais a polo empate descaradamente, levando algún perigo á área numantina moi ben solventado pola sua defensa e por Fernando. O Numancia puido matar o encontro en varios contragolpes, aínda que terminaría pedindo a hora tras unha falta na frontal no último suspiro que por sorte o Mugardos non foi quen de aproveitar. Polo tanto, 1-2 e vitoria bonita e traballada para os de Ares.
 
En definitiva, un partido distinto dos que estamos acostumados a ver. Un Numancia que non puido impoñer o seu xogo, pero que se adaptou con coraxe, entrega e un bo traballo defensivo ás condicións do encontro. Hoxe hai que ponerlle un 10 aos 12 xabatos que saltaron ao campo de A Malata. Loitaron de principio a fin, cun traballo defensivo inconmensurable e unha entrega total. ¡¡Así tamén se pode gañar, e que ben saben estas vitorias¡¡¡ Esta é a líña de traballo a seguir, con esta actitude dá igual perder ou gañar, dá gusto simplemente ver a estes nenos dalo todo no campo. Se o bo xogo acompaña, esperamos disfrutar de moitos partidos como estes, bonitos para o espectador e taquicárdicos para os demais.
 
Agora teremos unha semana de descanso en canto a competición se refire. Un descanso merecido para os corazóns. 15 días, 4 adestramentos para seguir mellorando en todos os conceptos extradeportivos e futbolísticos para recibir dentro de 15 días en Prados Vellos a un bo equipo como o Narón Balompé “B”.
 
Os afeccionados a seguir animando como hoxe o fixeron con toda a súa forza na Malata (sen excederse nin intrometerse), e os demais a seguir traballando. Todo sexa polo ben dos rapaces. 
 
¡¡¡¡AUPA NUMANCIA¡¡¡
 

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.