Inicio Noticias Alevíns ALEVÍNS. NUMANCIA, 1 - AMISTADE MEIRÁS, 1.
 
 

ALEVÍNS. NUMANCIA, 1 - AMISTADE MEIRÁS, 1.

SDR Numancia de Ares. Alevíns 2010-2011. Numancia 1 - Amistade Meirás 1. Prados Vellos.PARTIDAZO DE INFARTO
Terceira xornada da Liga alevín de futbol - 7 no seu grupo II onde o Numancia e o Amistade ofreceron un partido precioso os numerosos afeccionados que se deron cita nos Prados Vellos.


Ares 16 de outubro do 2010

ALINIACIONES:
Numancia: Fernando, Adri, Raúl, Alexis, Antón, Anido, Diego, Adrián, Piñeiro, Antonio e Pablo.
Amistade Meirás: Luís, Raúl, Miguel, Ezequiel, Montero, Pablo, Serafín, Pablo, Aaron, Imanol, Meidan, Aaron e Brais

COLEXIADO: D. Juan Carlos Fernández Martínez (Delegación de Ferrol)

GOLES: Piñeiro polo Numancia / Brais polo Amistade Meirás

Maña de sábado con nubes e temperatura fresca. Recibía o Numancia alevín a un bo equipo con moitos xogadores de segundo ano, o Amistade. Presumiase un difícil e disputado encontro como asi foi.
Na primeira metade o Numancia tivo o dominio do balón e do encontro, cun Amistade replegado no seu campo que deixaba o Numancia facer o seu futbol combinativo, ainda que defendía moi ben o Amistade a sua portería. Custaballe o Numancia ter exito nos ultimos metros, pero nunha boa xogada un bo movemento de Anido na dianteira e visto polo mediocampo numantino. O balón chega dende ahí a Anido que de espaldas e case sen mirar cede un precioso balón a Piñeiro que se incorporaba o ataque para disparar a gol e conseguir o 1-0 no marcador os 15 minutos de xogo. Un fermoso tanto que ten que servir de modelo para o xogo que quere facer o Numancia alevín esta tempada. Tras encaixar o gol, o Amistade estirouse algo mais e conseguiu o empate nun despiste defensivo numantino. Con este resultado de 1-1 chegouse o descanso.

Os 10 primeiros minutos da segunda metade foron un calco da primeira, dominio do Numancia con ocasions claras de gol moi ben solventadas polo excelente porteiro visitante. Contragolpes do Amistade con moito perigo, onde un acertado Fernando impedía os goles.
Pero os últimos 15 minutos de partido foron impresionantes. Un Numancia que buscaba a vitoria combinando xogo combinativo e balóns longos. Un equipo local que arriscaba e deixaba espacios, que eran aproveitados polos visitantes para facer contragolpes. Houbo varias ocasións claras de gol nas duas porterías, pero o resultado non se moveu. Felicitar os porteiros dos dous equipos, xa que neste partido impuxeronse as dianteiras. Intensos últimos 15 minutos de partido, fermosísimos para os afeccionados e taquicardicos para adestradores e xogadores. ¡¡¡Viva o futbol alevín¡¡¡

En definitiva, un bo partido do Numancia, con algunha baixa de xogadores de segundo ano que apenas se notou. Os 11 xogadores que saltaron o campo deixaronse a pel en cada balón, fixeron un futbol bonito e agasallaronnos cun fermoso partido de futbol.
 
Felicitar tamen o Amistade pola sua loita e bo traballo defensivo, e ao colexiado por pasar desapercibido e non estropear este bonito partido de futbol alevín.

Agora toca seguir traballando, mellorar no comportamento (esta semana suspendemos nese aspecto), continuar adestrando para confirmar esa boa melloría de xogo, e sobretodo seguir con esa ilusión e apoio que permite que os nenos salten o campo coma hoxe, deixándose todo polo escudo e disfrutando o máximo. Este ultimo e o principal obxetivo.

A semana que ven teremos un bonito partido. Chega o derby, Galicia de Mugardos - Numancia. Xogarase en Ferrol, nas instalacións de A Malata. Un partido no que os nenos teran unha motivación especial xa que se enfrentan os seus rivais - amigos do Mugardos, habera un pique sano especial por ganarlle os seus coñecidos.

Polo tanto, necesitan mais que nunca o apoio da fiel aficción numantina. Vemonos o vindeiro fin de semana en A Malata para intentar vencer o nosos veciños.

¡¡¡AUPA NUMANCIA¡¡¡

Colaboradores

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.