Inicio Noticias Alevíns ALEVÍNS. NUMANCIA, 3 - MANIÑOS, 1.
 
 

ALEVÍNS. NUMANCIA, 3 - MANIÑOS, 1.

SDR Numancia de Ares. Alevíns 2010-2011- Numancia 3 - Maniños 1. Prados Vellos.BOAS VIBRACIÓNS
Primeira xornada da Liga Alevín no seu grupo 2, onde o Numancia derrotou ó Cultural Maniños en Prados Vellos nun emocionante partido. 


Ares 01 de outubro do 2010.

ALINIACIÓNS:
Numancia: Adrián, Fran, Antonio, Piñeiro (capitán), Antón, Pablo, Anido. Fernando, Adri, Raúl, Alex Feal e Diego.
Maniños: Andrés, Ángel, Andrés, Mario, Jefrey, César, Adrián, Yago, Cristian e Daniel.

COLEXIADO: D. David Sierra Pereira (Delegación de Ferrol)

GOLES: Antón, Piñeiro e Anido polo Numancia / Mario polo C. Maniños.

Primeiro fin de semana de outubro, nunha tarde de venres con nubes e boa temperatura comezaba a Liga Alevín de Fútbol - 7. Chegaba o turno da “competición” para o Numancia, despois dos amigables de setembro e a súa participación no II Memorial Pedro García Vilar. Non sabíamos que cara ofrecería este Numancia alevín, hoxe tocou a boa cara.
Comezou o encontro con moita disputa por parte dos dous equipos. Un Numancia tentando impoñer o seu xogo combinativo dende a defensa. Un Maniños moi ben plantado no campo buscando balóns longos ós seus dous dianteiros. Chegaba no minuto 10 un gol de Antón tras un bo disparo dende fora da área. Un bonito tanto que subía o 1-0 o marcador. Non se rendía o Maniños, que era capaz de frear o xogo ofensivo do Numancia, ademais de conseguir un gol no minuto 15 aproveitando un fallo defensivo numantino. Estaba bonito e desputado o partido, os dous equipos estaban a ofrecer un bo espéctaculo. Ós 10 últimos minutos da primeira metade foron un constante ataque do Numancia, que non encontraba premio ás boas xogadas combinativas e internadas por banda que non daban atopado dianteiro, e polo tanto, nunca acababan en gol. Con esta situación chegouse ó descanso.

Na segunda metade saíu o Numancia a polo partido. Parecía que o Maniños non apretaba tanto, o que aproveitou Carlos Piñeiro para enganchar unha volea dende fora da área que entrou pegada o pau da portería fenesa. Outro bonito gol tras un bo disparo. 2-1 no marcador ós 5 minutos do segundo tempo. Non se viñeron abaixo os visitantes, e tiveron dúas boas ocasións para empatar, pero estivo moi acertado Fernando neste partido, evitando o empate do Maniños. Xa nos últimos minutos, ós fenes acusaron o esforzo físico e un Numancia mais rodado fíxose co encontro nos minutos finais. Nunha falta, Antón pasa o balón a Fran Anido, este controla libre de marca e dispara a porta conseguindo o 3-1 definitivo. Con este gol pechábase o telón dun bonito partido.

En definitiva, bonito competido, emocionante e aberto encontro o disputado polos dous equipos esta tarde. Un Numancia que ofreceu un bo xogo combinativo. Falta ritmo, mellorar nas finalizacións e seguir acoplando mellor a defensa.

Felicitar o Maniños pola creación dun equipo alevín que permite desfrutar do fútbol federado a uns rapaces que deron moi boa imaxe en Ares. Sorte e ánimo para seguir traballando.

En canto o Numancia, moito traballo queda por facer. Con apoio e unión conseguiremos grandes melloras neste bonito grupo de rapaces.

Vémonos o vindeiro SÁBADO en ORTIGUEIRA. ¡¡¡NON FALTEDES¡¡¡

¡¡¡AUPA NUMANCIA¡¡¡

 

Colaboradores

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.