Inicio Noticias Alevíns ALEVÍNS. MIÑO, 0 - NUMANCIA, 12.
 
 

ALEVÍNS. MIÑO, 0 - NUMANCIA, 12.

SDR Numancia de Ares. Alevíns 2010-2011. Miño 0 - Numancia 12. Gallamonde.PROGRESA ADECUADAMENTE
Mañá de sábado perfecta para a práctica do fútbol onde o Numancia alevín desprazouse ata Miño para xogar un partido amigable ante o equipo local.

Ares 18 de setembro de 2010.

NUMANCIA: Nando, Adrián, Antonio, Adri, Javi, Raúl, Alexis, Alex, Piñeiro (capitán), Antón, Alejandro, Luís, Diego e Fran Anido.

GOLES: Antón (5), Alexis (3), Luís, Alex, Piñeiro e Alejandro.

Viaxou a Miño o Numancia para xogar un partido que serviu para ver o debut das dúas novas incorporacións numantinas, os irmáns Fran e Raul Anido, ós que o club dalle a benvida e deséxalles toda a sorte do mundo na súa nova casa deportiva. Con estas dúas incorporacións son 16 ós xogadores que forman parte do plantel do Numancia alevín, agardemos que esos 16 sexan quen de vivir unha bonita aventura ata a fin de tempada, alá polo mes de xuño de 2011.

Falamos un pouco do partido para seguir acoplando ó equipo aresán. Neste encontró xogaron 8 xogadores de primeiro ano e 6 de segundo. Os novos xogadores alevíns siguen avanzando individualmente, e pouco a pouco van collendo mellor os conceptos de xogo colectivo. Os de segundo ano deben dar moito mais, xa que teñen a vataxe de que xa coñecen perfectamente o sistema de xogo colectivo, e son eles os que deben aportar seriedade, forza e decisión nos momentos importantes que virán durante a tempada. Pero hoxe podemos poñerlles un aprobado alto a todos, o equipo xogou ben ó futbol, falta precisión e algo de ritmo, ademais de seguir axustando o sistema defensivo. Pero o mais importante e que os nenos desfrutan xogando ó fútbol, van collendo maneiras de boa disciplina e están facendo un bo grupo de amigos coa excusa do fútbol. Pasiño a pasiño iremos mellorando todos os aspectos que conleva un grupo de deportistas de 11-12 anos. Os futbolísticos, e os mais importantes, os conceptos humanos.

Agora temos unha bonita semana por diante, adestramento o martes. E a partires do mércores chega o Torneo homenaxe o noso querido Pedro García Vilar, que servirá como última preparación para a Liga que comeza o 2 de outubro ( ver grupo da Liga nesta web)
 Un torneo de fútbol 7 que traerá a Prados Vellos a equipos de toda a comarca e de Asturias. O noso equipo xogará o mércores ás 18:00 ante a SD Barallobre e o venres ás 18:00 ante o Rápido de Neda. Cun  pouco de sorte, se son quenes de quedar primeiros de grupo, xogarán na xornada do sábado a fase final. Pero para iso haberá que traballar e seguir no bo camino.
Que siga o bo ambiente e xa sabedes, vémonos todos esta semana no IV MEMORIAL PEDRO GARCÍA VILAR en Prados Vellos. ¡¡¡¡Non faltedes, pasaremos lista¡¡¡

¡¡¡AUPA NUMANCIA¡¡¡

Colaboradores

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.