Inicio Noticias Benxamíns BENXAMÍNS. NUMANCIA, 2 - G. DE MUGARDOS, 3.
 
 

BENXAMÍNS. NUMANCIA, 2 - G. DE MUGARDOS, 3.

SDR Numancia de Ares. Benxamíns 2009-2010. Numancia, 2 - G. Mugardos, 3. Prados Vellos.AS AUSENCIAS DECANTAN O DERBI.

 

 

Prados Vellos, venres 4 de xuño do 2010.

Xornada 34ª de liga, categoría benxamín, grupo 1º.

NUMANCIA, 2 – GALICIA DE MUGARDOS, 3.

Polo Numancia xogaron: Adrián, Diego Varela, Víctor, Jaime, Martín, Dani, Mario, Pablo, Iván, Cristian e Mario Martínez.

GOLES:
1 – 0: (min. 3) corner que bota Jaime e Diego de cabeza bate o porteiro rival.
1 – 1: (min. 20) balón que lle cae o nº 5 do Mugardos e dende o borde do área bate a Adrián.
2 – 1: (min. 26) corner que bota Jaime despexe da defensa e o rexeite lle cae a Diego que incrementa a sua conta goleadora.
2 – 2: (min. 34) balón morto no borde do área que a defensa numantina non e quen de despexar e o nº 2 do Mugardos de forte chut bate a Iván.
2 – 3: (min. 35) balón bombeado do nº 5 do Mugardos, o arqueiro aresán dubida na saida e o xogador nº 2 visitante introduceo nas redes da porta numantina

COMENTARIO:
Un partido máis no que a pesar de xogar un bo encontro os benxamíns do Numancia volvenron acadar un resultado negativo. Partido dominado polo conxunto local que non foi quen de aproveitar as claras ocasións de gol que tivo o longo do encontro e que nos derradeiros minutos perdeu un partido que tiña controlado. Destacar o gran partido de Víctor, Jaime e Dani e mención especial para Adrián o porteiro de prebenxamíns que na primeira metade deulle unha gran tranquilidade a defensa. Como xa comentei noutras cronicas iste e un equipo de futuro e a vindeira tempada con unha pouca de ilusión, traballo e compromiso daran moitas ledicias a parroquia numantina.

 

Colaboradores

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.