BENXAMÍNS. NUMANCIA, 2 - CANIDO, 4.
QUE REMATE A LIGA.
Prados Vellos, 22 de maio do 2010.
32ª xornada de liga, categoría benxamín, grupo 1º.
NUMANCIA 2 – CANIDO 4.
ALIÑACIÓN: Iván, Alejandro, Dani, Jaime, Pablo, Cristian, Víctor, Diego Vilar, Raúl e Martín.
GOLES: Víctor e Martín.
COMENTARIO:
Ahora que chega o bo tempo e despois dunha campaña marcada polas lesións e a falla dos rapaces tanto aos adestramentos como os partidos o mellor e coller as vacacións e pensar na vindeira tempada. O partido non tivo moito ritmo nin por un bando nin polo outro. O Numancia tivo claras ocasións para marcar algún gol máis, pero a falla no remate final deixanos con outra nova derrota, e xa van unhas cantas estos últimos meses.
Dende aquí facer unha reflexión sobre, ¿que e o ocurre neste equipo?, onde a comezos da tempada eran trece rapaces e ultimamente solo sete ou oito aparecen a xogar, e xa non falemos dos que van a adestrar. Dende o clube deberían tomar cartas no asunto para a tempada que ven, tanto no aspecto técnico, así como, con respecto a falta de compromiso que algúns dos rapaces mostran de duas tempadas para aquí. Temos que reflexionar toda e cada unha das partes e buscar unha solución polo ben dos rapaces que a fin de contas son os que deben de disfrutar xogando e relacionándose con outros rapaces da sua mesma idade e non que segan sufrindo cada xornada por falta de compromiso.