Inicio Noticias Benxamíns BENXAMÍNS. NUMANCIA, 1 - GALICIA DE CARANZA "B", 2.
 
 

BENXAMÍNS. NUMANCIA, 1 - GALICIA DE CARANZA "B", 2.

SDR Numancia de Ares. Benxamíns 2009-2010. Numancia 1 - G. de Caranza ¡¡ RESULTADO INXUSTO¡¡

  


Ares, 24 de abril do 2010.

Partido correspondente a vixesimooitava xornada da liga de benxamíns disputado en Prados Vellos entre os equipos do Numancia (1) e Galicia de Caranza "B" (2).

Polo Numancia xogaron: Iván, Alejandro, Antonio, Jaime, Fran, Diego Varela, Martín, Víctor, Pablo, Dani e Diego.

GOLES:
1 – 0: minuto 7, pase en profundidade de Jaime a Alejandro que bate o porteiro rival na saida.
1 – 1: minuto 27, barullo na área do Numancia e Fran introduce o balón en propia meta.
1 – 2: minuto 35, centro do xogador nº 8 do Caranza o balón peta na perna de Pablo e colase de novo en propia meta.

COMENTARIO:
O encabezamento desta crónica resume o acontecido esta tarde en Prados Vellos onde os benxamíns do Numancia despois de dispor de ata cinco ocasións claras de gol non foron quen de gañar o partido, e por riba os tres goles os meteron eles, dous en proia meta.
A pesares do resultado o Numancia fixo un gran encontro e a mala sorte (2 balóns o poste) e as intervencións do gardameta visitante (fixo catro paradas espectaculares) non desmerecen a gran actuación dos rapaces que con un xogo combinativo foron merecedores de levarse os puntos en litixio, pero no fútbol hai unha maxima: “o que perdoa acaba perdendo" e isto foi o que aconteceu. Dende aquí animar os rapaces a seguir xogando como hoxe porque xogando así os resultados teñen que chegar.

 

Colaboradores

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.