BENXAMÍNS. NUMANCIA, 1 - EUME DEPORTIVO, 6

SDR Numancia de Ares. Benxamíns 2009 - 2010. Numancia 1 - Eume 6. Prados Vellos.EQUIPO DE FUTURO

 

 

Venres, 9 de abril do 2010.

Partido correspondente a vixesimosexta xornada de liga disputado en Prados Vellos entre o Numancia e o Eume Deportivo.

Polo Numancia xogaron: Iván, Antonio, Jaime, Fran, Juan, Martín, Dani, Mario, Pablo, Mario García, Pablo Vascos e Diego Varela.

O gol do Numancia marcouno Martín.

Nunha tarde asollada e con cerca duns cen siareiros no campo de Prados Vellos disputouse unha nova xornada de liga de benxamíns, na cal o Numancia presentase con catro xogadores prebenxamins (Juan, Mario, Pablo e Mario García), un xogador de segundo ano (Antonio) e o resto de primeiro ano ante un equipo de segundo ano e no cal destacou sobre todos o seu número 10.
A pesares do resultado os siareiros do Numancia poden estar contentos deste equipo que dara moitas alegrías a tempada que ven. Destacar a gran actuación de Antonio e Dani que hoxe fixeron unha gran defensa e Pablo que a pesares de ser prebenxamin soupo xogar con criterio o balón e defender como un veteran a pesares da sua xuventude.
Dende aquí darlle animo a Saúl e desexarlle unha pronta recuperación e decirlle que a pesar de non poder entrenar e xogar, sempre se pode animar os compañeiros asistindo os entrenos e os partidos. Animo e a mellorar.

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.