BENXAMÍNS. NUMANCIA, 0 - PORTUARIOS "B", 8.

SDR Numancia de Ares. Benxamíns 2009-2010. Numancia, 0 - Portuarios FALTA DE COMPROMISO.

  

 

Ares, 20 de marzo de 2010. 

Partido correspondente a vixesimocuarta xornada de liga de benxamíns entre os equipos do Numancia e o Portuarios "B".

Polo Numancia xogaron: Iván, Alejandro, Antonio, Dani, Martín, Pablo e Víctor.

Un Numancia moi mermado polas baixas foi capaz de pelexar, mentras as forzas os acompañaron, ante un dos gallitos do grupo. Felicitar a estes sete gladiadores polo seu esforzo e loita durante o partido e animalos a seguir así; en especial a Iván o porteiro porque grazas a sua actuación salvounos dalgún que outro gol.

Como pon o encabezamento desta cronica quero referirme a falta de efectivos neste equipo porque no e a primeira vez que sucede isto. Este equipo esta composto por doce xogadores, e non e de recibo que hasta ultima hora o adestrador non saiba de cantos rapaces dispón para xogar. Eu penso que hai un teléfono, que todos os pais dos rapaces teñen, e si por calquer circustancia algun neno non pode vir xogar, o seu e avisar con antelación, porque sempre e mellor ir a xogar con nove ou dez que con sete.

Dende aquí esperamos e desexamos que isto non volva a suceder. E decirlle os pais dos rapeces, que teñen e deben, involucrarse un pouco mais co equipo e coa sociedade, e animar os rapaces a que segan loitando e disfrutando do fútbol.

 

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.