Inicio Noticias Benxamíns BENXAMÍNS. NUMANCIA, 6 - PERLÍO "B", 2
 
 

BENXAMÍNS. NUMANCIA, 6 - PERLÍO "B", 2

SDR Numancia de Ares. Benxamíns 2009-2010. Numancia 6- Perlío Segundo tempo espectacular de fútbol e goles.

 

Partido correspondente á vixésimo segunda xornada de liga entre os equipos do Numancia e o Perlío "B", e que se saldou coa vitoria dos aresáns por seis goles a dous.

Polo Numancia xogaron: Iván, Alejandro, Antonio, Pablo, Saúl, Diego Varela, Martín, Jaime, Dani, Víctor, Fran e Diego Vilar.

ARBITRO: Fernando Caruncho Paz.

GOLES:
1 – 0 Saúl colle o balón no medio do campo e de forte volea introdúceo pola escadra na portería contraria (golazo).
2 – 0 xogada de Antonio que regatea a dous contrarios e bate ao gardameta de forte disparo.
3 – 0 centro de Dani e Antonio de tacón fai o gol do partido.
4 – 0 córner que saca Antonio e Dani de cabeza empurra o balón á portería.
4 – 1 contragolpe de Hugo que colle despistada á defensa numantina e ante a saída de Iván báteo de tiro cruzado.
5 – 1 centro de Diego Vilar e Martín marca a pracer.
6 – 1 Jaime de tiro cruzado dende o bordo do área.
6 – 2 libre directo que executa o dorsal nº 13 do Perlío introducindo o balón axustado ao poste dereito.

COMENTARIO: Despois dun primeiro tempo para esquecer, no que o único salientable foi o gol de Saúl, os xogadores do Numancia sairon na segunda metade con outra actitude e froito da mesma chegaron as ocasións de gol unha tras outra. Nesta segunda parte víronse xogadas e triangulacións entre os rapaces, e pases, que nos lembraron en ocasioós ao partido do mércores de España. Destacar a todo o equipo pola súa actitude e sacrificio e lembrarlles que unhas veces se xoga máis e outras menos, pero que non por iso hai que enfadarse. Todos sodes un equipo e como tal debedes comportarvos e animar aos que saen no sitio de outro.
Ánimo e a seguir na liña do segundo tempo pero con todos os equipos sen mirar o posto que ocupan na clasificación.

Colaboradores

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.