BENXAMÍNS. NUMANCIA, 3 - G. CARANZA "C", 0

SDR Numancia de Ares. Benxamíns 2009-2010. Numancia 3 - G. Caranza Experimentos con gaseosa.

 

Sábado, 20 de febreiro do 2010.
Partido correspondente á vixésima xornada de liga de benxamíns entre os equipos do Numancia e o Galicia de Caranza “C”, e que se saldou coa vitoria dos aresáns por tres tantos a cero.
Polo Numancia xogaron: Iván, Antonio, Alejandro, Dani, Fran, Saúl, Diego Vilar, Víctor, Martín, Jaime e Pablo.
Goles: Fernando (2) p.p. e Saúl.
Partido no que na primeira metade ningún dos dous equipos creou unha soa ocasión clara de gol, e onde non se viu unha soa xogada ou cousa parecida. Os aresáns saíron cun equipo descompensado e froito diso foron incapaces de dar un pase ou chegar á porta contraria. O único gol deste primeiro tempo foi froito dun rexeite que dá nas costas dun xogador do Caranza e cóase en propia meta.
Na segunda metade os de Ares cun equipo máis compensado xogaron ao toque e tiveron máis empuxe e posesión, froito diso chegarían dous tantos máis. Mención especial ao segundo tanto que nace nunha xogada de estratexia ao saque dun córner, saca Antonio, pasa a Saúl e este de forte disparo cruzado que dá na base do pau bate ao gardameta visitante. O terceiro e definitivo tanto vén precedido dun disparo de Martín que un defensa do Caranza, no seu intento de rexeite, introdúceo na súa propia portería.
Destacar a segunda metade dos numantinos, en especial gran partido de Antonio e Saúl, líder deste equipo, e tanto el como Antonio deberían tomar as rendas do mesmo.
E como pon o encabezamiento desta crónica, os “experimentos” hai que deixalos para as pretemporadas, que é cando se poden facer as probaturas e non agora cando comezamos a segunda volta do campionato.

 

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.