BENXAMÍNS. NUMANCIA, 2 - AS PONTES, 6

SDR NUMANCIA. BENXAMÍNS. NUMANCIA,2 - AS PONTES, 6. DECEMBRO 2009DERROTA EN PRADOS VELLOS
Duodécima xornada de liga con clara vitoria das Pontes.

Prados Vellos, 19 de decembro de 2009

 

NUMANCIA: Iván, Álex, Antonio, Diego, Jaime, Martín e Víctor. Tamén xogaron Pablo e Diego Vilar.

GOLES: Jaime (de falta directa) e Martín (remate de cabeza  nun saque de esquina)

COMENTARIO: Partido ante un dos equipos situados na zona alta da clasificación, que xustificaron a súa traxectoria na liga cunha clara vitoria en Prados Vellos.
No primeiro tempo os benxamíns locais pelexaron de poder a poder ata que as forzas aguantaron. Na segunda parte, houbo superioridade do equipo pontés, un adversario fisicamente máis forte.
Destacariamos a entrega e o tesón dos xogadores convocados que, a pesar das baixas, deron a cara en todo momento. En especial, salientar o gran partido do porteiro, Iván. Tamén é xusto felicitar ao equipo contrario por saber gañar.

 


 

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.