BENXAMÍNS: NUMANCIA, 1 – ÁNIMAS, 1

Partido xogado na tarde do venres en Prados Vellos ante o Ánimas, 2º clasificado do grupo 2. Un partido onde ambos equipos puideron conseguir a vitoria con ocasións moi claras, facendo que os porteiros estiveran moi acertados.

Adiantaríase o Numancia cun gol –outra vez máis- de Antón, nunha falta que saca desde o medio do campo e colle ao porteiro do Ánimas un pouco adiantado e non pode despexar ben, colándoselle o balón para dentro.

Aos poucos minutos chegaría o empate do Ánimas grazas a un gol de saque de falta. O porteiro do Numancia chega a tocar o balón pero non pode evitar o gol.

Na segunda parte, un Numancia moi ofensivo facilitaba os contraataques do Ánimas, pero Fran e Pablo, moi rápidos e ben colocados durante todo o partido, cortaron todo o perigo.

E o Ánimas, moi ben colocado á hora de defender, impedía a creación de ocasións de gol, aínda que Axel tivo unha boa oportunidade para colocar o 2 – 1 na última xogada  do partido.

Xogaron: Adrian, Fran, Adrian Garcia, Marcos, Alex, Axel, Anton, Pablo, Fernando e Antonio.

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.