BENXAMÍNS. NUMANCIA, 3 - R. FERROL, 0

CAMPIÓNS DA COPA DE FERROL

Imbatidos en todo o torneo, redondearon unha brillantísima actuación gañando con claridade ao campión de Liga.

Ares, 14 de maio de 2017.

Se a semana pasada conseguían o subcampionato de Liga, agora volven da Barqueira co trofeo de campións de Copa, eliminando en semifinais por 2 a 0 ao Galicia de Caranza e gañando o último partido, na final, por 3 - 0 ao R. de Ferrol.

Parabéns a todos, aos nenos, competitivos sempre; a Borja e Martín, os seus monitores;e, como non, aos seus pais e familia.

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.