Inicio Noticias Benxamíns Benxamíns. Derrota ante o Racing
 
 

Benxamíns. Derrota ante o Racing

Derrota por 2 -1 do equipo benxamín. Ao descanso o resultado era de empate a un gol.

Partido disputado na tarde do venres na Malata ante o equipo do Rácing D. Adiantábase o equipo local tras realizar un bo contraataque, culminado cun tiro cruzado ante a saída do porteiro aresán. Despois chegaría unha boa oportunidade para o Numancia, cando tras un saque de córner en curto, Carlos disparaba ao traveseiro. Empataría o Numancia aos poucos minutos, ao recoller Antón un mal despexe da zaga ferrolá. Con este resultado chegouse ao descanso.

Na segunda parte continuou a igualdade, con ocasións para os dous equipos. Puido adiantarse o Numancia nun balón que Antón enviou ao traveseiro ao saque dunha falta. O Numancia seguiu presionando os saques do porteiro local mais non materializou as ocasións, por precipitarse no remate. Estivo máis listo un xogador do Rácing anticipándose á defensa e marcando o 2 – 1 definitivo.

Xogaron: Adrián, Fran, Carlos, Marcos, Haakon, Álex, Áxel, Antón (1 gol), Pablo, Aléxis, Fernando e Luis.

 

Colaboradores

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.