BENXAMINS. PORTUARIOS “B”, 1 – NUMANCIA, 5.

GRAN PASO ADIANTE

Partido correspondente a 5ª xornada de liga (1ª fase) benxamin, grupo C, disputado o venres 30 de outubro, ás 19:15 h, no campo municipal de Aneiros (Serantes) e que rematou con vitoria do Numancia. Ao descanso o resultado era de 1 - 4.


FICHA TECNICA

PORTUARIOS “B”: Bruno Gandara, Bruno Carregal, Juan, Sergio (C), Raúl, Ignacio, Jorge Bertalo e Jorge Garay. Tamén xogaron Ramón, Antonio, Iker López, Iker Vieites e Matías.

Adestrador: Julen Camo Aguado.

Delegado: Juan Bertalo Saavedra.

NUMANCIA: Oscar, Mateo, Dani, Lucas, Ángel, Xerar, David (C) e Isma. Tamén xogaron Marcos, Iker, Aketx, Hugo e Sergio.

Adestrador: Borja Vilasánchez Rodríguez.

Delegado: Ángel Blanco Cartelle.

ARBITRO: Francisco García Rodríguez. Sen incidencias.

GOLES:

Portuarios “B”: Ignacio.

Numancia: Isma, David, Lucas, Aketx e Ángel.

COMENTARIO:

Enfrontábanse o venres en Aneiros o Portuarios "B" e o Numancia de categoría benxamín, no que se prevía un gran partido, entre dous equipos que contaban os seus partidos por vitorias.
Numancia de Ares
A realidade é que o Numancia, desde o asubío inicial realizou quizá o partido máis completo da temporada. Unha primeira parte case perfecta, na que os visitantes tiñan sempre o balón, realizando rápidas transicións e creando moito perigo na portería local, poñendo unha vantaxe de 0 - 3. Antes do descanso nunha falta directa o Portuarios reducía distancias pero o Numancia anotaría o definitivo 1 - 4 antes do descanso.

A segunda metade comezaba cun Portuarios presionando moito máis arriba, obrigado polo resultado pero o Numancia defendíase moi organizado, concedendo poucas ocasións, e creando moito perigo ao contraataque. Un par de intervencións boas de Marcos antes do asubío final e un gol de Ángel aproveitándose dun lanzamento ao poste de Isma, pecharían o marcador no 1 - 5 definitivo.

O partido serviu para comprobar que o Numancia benjamín está na liña correcta e cada fin de semana están a demostralo cun xogo que, sexa o rival que sexa, non varía.

E en canto á clasificación, un paso importante para a clasificación ao grupo 1 da liga benjamín, para uns nenos que, excepto dous de segundo ano, os restantes están a facer o seu debut na categoría. Noraboa.

O próximo fin de semana os benxamíns do Numancia recibirán en Prados Vellos a visita da SD O Val “B”.

Pulsa no seguinte enlace para ver os resultados, clasificación e fichas técnicas da xornada.

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.