BENXAMINS. PORTUARIOS, 0 – NUMANCIA, 11.

EMPEZANDO CON BO PE.

Partido correspondente a 1ª xornada de liga (1ª fase) benxamin no grupo C disputado na maña do sábado 3 de outubro, ás 11:00 h, no campo de Aneiros entre Portuarios e Numancia de Ares que rematou con vitoria visitante. Ao descanso o resultado era de 0 – 2.
 

Ferrol, 3 de outubro de 2015.

FICHA TECNICA

PORTUARIOS: Alejandro Castelao, Hugo, Alejandro Fernández, Celia, Claudia, David (C), Alejandro Ferreño e Alejandra. Tamén xogaron Javier, Daniel e Mario.

Delegado: Adolfo Seijas Silva.

NUMANCIA: Oscar, Mateo, Dani (C), Lucas, Ángel, Isma, Hugo e Luís. Tamén xogaron Marcos, Xerar, David, Aketx e Sergio.

Adestrador: Borja Vilasánchez Rodríguez.

Delegado: Ángel Blanco Cartelle.

ARBITRO: Roberto Díaz Cruz. Sen incidencias.

GOLES:

Numancia: Ángel (3), Xerar (2), Hugo, Sergio, David, Dani, Aketx e Alejandro Fernández (propia meta).

Comezaba a liga benxamín para os aresanos no campo de Aneiros ante o Portuarios e isto supoñía tamén o primeiro partido de todo o equipo nunha nova categoría.

A pesar disto, o Numancia faríase dominador do partido desde o primeiro ata o último minuto impoñendo un bo xogo combinativo que daría lugar aos dous primeiros goles visitantes, e unha infinidade de ocasións que non quixeron entrar. Con 0 - 2 e un gran xogo visitante chegaríase ao descanso.

A segunda parte seguiu o mesmo guión da primeira, pero cos de Ares moito máis acertados cara a gol o que levaría o marcador ata o 0 - 11 definitivo. Algunhas chegadas do Portuarios nesta segunda metade tiveron boa resposta por parte do meta Marcos.

O próximo fin de semana o Numancia recibirá en Prados Vellos a vista de O Val, o que a bo seguro será un gran partido.

Pulsa no seguinte enlace para ver os resultados, clasificación e fichas técnicas da xornada.

Galería fotografica cortesía de Rafa Feal.

 

 

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.