Inicio Noticias Benxamíns BENXAMINS. CEDEIRA, 2 – NUMANCIA, 6.
 
 

BENXAMINS. CEDEIRA, 2 – NUMANCIA, 6.

SET E PARTIDO

Vitoria a domicilio dos benxamíns por seis goles a dous fronte o Cedeira en partido xogado na tarde do pasado venres en O Beco. O encontro correspondente a 17ª xornada da 2ª fase da liga benxamín no grupo 2 chegou ó descanso cun marcador de cero a cinco.

 


Cedeira, 24 de abril de 2015

FICHA TÉCNICA

CEDEIRA: Jorge, Ángel, Antón, David, Adrián, Elio, Álvaro e Iago (C). Tamén xogaron Lois, Brais, Lucia e Antonio.

Delegado: Iago García García.

NUMANCIA: Miguel Iglesias, Iván, Brais, Aarón García, Aarón Valcarcel, Miguel Leira, Joel e David López (C). Tamén xogaron Carlos, Marquitos, David Vilasánchez e Marcos Rey.

Adestrador: Eugenio Margharetto Rodríguez.

Delegado: Francisco Vilasánchez Bardanca.

ARBITRO: Cristian Santos González. Sen incidencias.

GOLES:

Cedeira: Iago e David.

Numancia: Marquitos (3), Iván, Joel e Aarón Valcarcel.

Boa primeira parte dos de Ares que se mostraron claros dominadores dos primeiros 25 minutos de xogo. O partido xa se poñía de cara para os visitantes nada máis comezar éste cun gol de Iván. Mediado o primeiro cuarto Joel levaría ao marcador o segundo tanto dos de Ares. Xa no tramo final do primeiro período os tantos de Aarón e dous de Marquitos permitían aos de Ares irse ao descanso cun contundente 0 – 5.

Na segunda metade o exceso de confianza e a relaxación visitante permitiu que o Cedeira se metese no partido, facendo subir dous goles ao seu marcador, materializados por Iago e David. Na recta final do partido un novo gol de Marquitos deixaba o marcador no 2 – 6 definitivo.

O próximo fin de semana os benxamíns do Numancia recibirán en Prados Vellos a visita do Portuarios no que será o derradeiro partido desta 2ª fase de competición

Pulsa no seguinte enlace para ver resultados, clasificación e fichas técnicas da xornada.

 

Colaboradores

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.