BENXAMINS. NUMANCIA, 9 – R. SAN PEDRO, 2.

VITORIA CLARA E CONTUNDENTE

Vitoria dos benxamíns do Numancia por nove goles a dous fronte o R. San Pedro en partido xogado no serán do venres en Prados Vellos. O encontro correspondente a 16ª xornada da 2ª fase da liga benxamín no grupo 2 chegou ó descanso cun marcador de cinco a cero.

 


Ares, 17 de abril de 2015

FICHA TÉCNICA

NUMANCIA: Miguel Iglesias, Carlos, Brais, Aarón García, Aarón Valcarcel, Marquitos, David (C) e Joel. Tamén xogaron Iván, Axel, Miguel Leira e Marcos Rey,

Adestrador: Eugenio Margharetto Rodríguez.

Delegado: Francisco Vilasánchez Bardanca.

R. SAN PEDRO:
Anxo (C), José Manuel, Marcos, Kleiver, Diego Arias, Marco, Diego Quiza e Iván. Tamén xogaron Felipe, Diego Calvo e Hugo

Adestrador: Alberto Souto Felgar.

2º adestrador: José Antonio Rivera López.

Delegado: Gumersindo González Arias.

ARBITRO: Roberto Domínguez Janeiro. Sen incidencias.

GOLES:

1 - 0: Aarón Valcarcel (min. 2), córner que sacar o Numancia e Aarón só no segundo pau envía ao fondo da rede.

2 - 0: David (min. 7), centro dende a esquerda de Joel, David situado no segundo pau mete o pé e marca.

3 - 0: Aarón Valcarcel (min. 8), córner que saca David e remata Aarón.

4 - 0: David (min. 11), roubo de balón de Iván próximo á área visitante, éste pon un balón en profundidade á banda contraria para a entrada de David que marca de disparo cruzado.

5 - 0: Joel (min. 16), libre directo executado por Joel dende o lateral esquerdo da área que se coa por toda a escuadra.

6 - 0: Aarón Valcarcel (min. 27), disparo afastado de Aarón que supera o porteiro por arriba.

7 - 0: Marquitos (min. 35), balón pelexado por Iván dentro da área con disparo deste que sae rexeitado, o rexeitamento recólleo Marquitos para enviar ao fondo da rede.

8 - 0: Aarón Valcarcel (min. 40), Aarón de disparo dende fóra da área.

8 - 1: Hugo (min. 46), balón ás costas da defensa local que recolle Hugo para marcar ante a saída de Miguel.

9 - 1: David (min. 47), córner que saca Joel en curto para David, éste se abre cara ao centro e bate o porteiro por arriba.

9 - 2: José Manuel (min. 49) balón ás costas da defensa local co que se fai José Manuel para bater a Miguel de disparo cruzado.

Partido sen moita historia que os de Ares saldaron prácticamente nos primeiros quince minutos xa que o resultado nese instante era de 5 – 0.

No segundo período o partido continuou polo mesmo rumbo. Cabe destacar deste segundo tempo a intensidade das faltas por parte do rival, algunhas de certa dureza para a categoría. Pero que nin o colexiado, nin adestradores, trataron, ou quixeron corrixir. Que se lle vai facer, parece que algúns nestas categorías ven o fútbol doutro xeito. Malia todo os de Ares foron o deles, souberon sobrepoñerse á adversidade e continuaron co festival de goles. No tramo final o San Pedro metíase no partido marcando dous goles que deixaban o marcador no definitivo resultado de Numancia 9 - R. San Pedro 2.

O próximo fin de semana os benxamíns do Numancia xogarán a domicilio fronte o Cedeira SD en O Beco.

Pulsa no seguinte enlace para ver resultados, clasificación e fichas técnicas da xornada.

 

 

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.