BENXAMINS. NUMANCIA, 4 – CEBARCA, 1.

MERECIDA VITORIA

Vitoria do equipo benxamín do Numancia por catro goles a un fronte o Cebarca en partido xogado na tarde do pasado venres en Prados Vellos. O encontro correspondente a 14ª xornada da 2ª fase da liga benxamín no grupo 2 chegou ó descanso cun marcador de un a cero.

 


Ares, 27 de marzo de 2015

FICHA TÉCNICA

NUMANCIA: Miguel Iglesias, Carlos, Brais, Aarón García, Aarón Valcarcel (C), Marquitos, David Vilasánchez e Joel. Tamén xogaron Iván, Miguel Leira e David López.

Adestrador: Eugenio Margharetto Rodríguez.

Delegado: Francisco Vilasánchez Bardanca.

CEBARCA: David, Rubén, Sergio Ramíl, Marcos (C), Adrián Fernández, Adrián Freire, Sergio Pena e Víctor. Tamén xogaron Nicolás, Daniel, Fabián e Bruno.

Adestrador: Roberto González Romero.

Delegado: Víctor Couce Rodríguez.

ARBITRO: Daniel Calabuig Amor. Sen incidencias.

GOLES:

1 - 0: JOEL (min. 9), golazo de Joel de forte disparo dende o bordo esquerdo da área do ataque local que supera o porteiro por arriba.

2 - 0: MARQUITOS (min. 29), pase de David Vilasánchez dende o lateral dereito da área ao punto de penalti pata Marquitos que marca de disparo raso.

3 - 0: AARON VALCARCEL (min. 45), forte disparo de Aarón García que se estrela no pau, o rexeitamento aprovéitao Aarón Valcarcel para marcar de disparo cruzado.

3 - 1: MARCOS (min. 46), golazo de Marcos de libre directo por toda a escuadra ante o que nada pode facer Miguel.

4 - 1: AARON VALCARCEL (min.49), de disparo cruzado dende o lateral dereito da área.

 

 



Tardiña fresca en Prados Vellos, comenzaba o encontró despois de gardarse o minuto de silencio, polos falecidos no accidente nos Alpes. O Cebarca xa presentara serias dificultades na ida, e un equipo de moito contacto, algo inusual nesta categoría, todos os seus xogadores, persiguen o balón, e non deixan o rival espazos nin tempo para pensar. Eso fixo que o partido parecera moi desordenado e sen ningún dominador claro, ainda que o xogo se desenrolaba maiormente no campo visitante, solo alguna xogada aillada por parte do Numancia, que como ven sendo habitual cando no está resolto o marcador, o equipo non e quen de culminar. Ou ben o porteiro, os paus, o simplemente tiros por fora. Ainda así o Cebarca, non manexaba o balón, o seu forte e quitarlle o balón o equipo contrario, de ahí o partido embarullado por momentos, con un número de faltas non habitual nun partido de benxamíns. Antes do descanso, un centro chut numantino entra na portería do Cebarca, índose o descanso co 1 - 0.

Na reanudación, por mor do resultado, os de Ares mais asentados, esperaron a súas ocasións, e a pesar de marrar, como ben sendo habitual una chea delas, chegaron o resto dos goles. O resultado final de 4 - 1 e merecido, si ben o equipo mostrou as luces e as sombras a que nos ten acostumbrados. Xoga moi ben o toque, o centro do campo lanza moi ben o equipo, e non se pasan demasiados apuros en defensa. Pola contra, as veces se tenta conducir demasiado o balón, se fallan moitas ocasións cando o partido non está pechado, e a defensa se relaxa moito nos ataques, o que propicia contras que fixeron moito daño en toda a temporada. Resumindo, bon partido do Numancia e noraboa pola victoria.

A próxima semana parase a competición liguera con motivo da Semana Santa. Ainda así os benxamíns do Numancia participarán no III Torneo de Fútbol – 8 Concello de Mugardos, a celebrar no campo da Pedreira, o venres 3 de abril.

A competición oficial de liga retomarase na segunda semana de abril, despois da Semana Santa, onde os benxamíns do Numancia desprazaranse ata o campo de O Cadaval (Piñeiros) para xogar o seu partido fronte o Narón “B”.

Pulsa no seguinte enlace para ver resultados, clasificación e fichas técnicas da xornada.

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.