Inicio Noticias Benxamíns BENXAMINS. CEDEIRA “B”, 1 – NUMANCIA, 7.
 
 

BENXAMINS. CEDEIRA “B”, 1 – NUMANCIA, 7.

ECLIPSADOS NO PRIMEIRO TEMPO.

Vitoria a domicilio do equipo benxamín do Numancia por un gol a sete fronte o Cedeira “B” en partido xogado na maña do pasado venres en O Beco. O encontro correspondente a 13ª xornada da 2ª fase da liga benxamín no grupo 2 chegou ó descanso cun marcador de 1 - 1. 


Cedeira, 20 de marzo de 2015

FICHA TÉCNICA

CEDERA “B”: Víctor, Juan, Pablo, Javier, Cesar, Darío, Lucas e Daniel (C). Tamén xogaron Joel, Diego Miranda, Diego García e Iago.

Delegado: Iván Fraguela Montero.

NUMANCIA: Miguel Iglesias, Carlos, Iván, Aarón García, Marquitos, David Vilasánchez, Miguel Leira e Marcos Rey (C). Tamén xogaron Brais, Aarón Valcarcel, Joel e David López.

Adestrador: Eugenio Margharetto Rodríguez.

Delegado: Francisco Vilasánchez Bardanca.

ARBITRO: Rodrigo Serrano Naveiras. Sen incidencias.

GOLES:

Cedeira “B”: Javier.

Numancia: Aarón Valcarcel (3), Marquitos, Marcos Rey, David Vilasánchez e Aarón García. 

 



Fría e ventosa mañá en Cedeira, o partido empezóu no medio dun eclipse que parecía que era a tardiña, en vez das 11 da mañá, ainda que pouco a pouco igual que o xogo do Numancia, a cousa foise aclarando. O partido se desenrolou dende os seus comezos, como un monólogo continuo dos de Ares, que non pasaban apuros en defensa, e dende o medio campo, se lanzaban continuos ataques, que unha vez e mais outra eran estragados. Se tiveron oportunidades de marcar varios goles, pero coma tantas veces nesta temporada, o gol non viña, e fruto de un longo ataque numantino, en que pouco a pouco se foron incorporando efectivos, deixando a defensa moi lexos do meta aresano, un rechace ficou cun contragolpe do Cedeira, que acabou en gol, xa moi avanzada a primeira parte. Ata ese momento ningún xogador do Cedeira pisara o área do Numancia, polo que tocaba remar en contra, conseguíndose o gol do empate pouco antes do descanso.

Na reanudación máis do mesmo, ocasións marradas unha e outra vez, ata que entraron casi consecutivamente, segundo, terceiro e cuarto gol. A partir de ese momento, o equipo desmelenouse ata acadar o resultado final de 1 - 7, con xogadas ben trenzadas, bo xogo colectivo e o máis importante, a puntería que faltou noutros momentos.

Resumindo, que coma sempre este equipo a base de combinacións fai un fútbol moi vistoso i efectivo, ainda que alternado, con fases de xogo un pouco individual, de acarreo de balón e intentar entrar polo centro, que fai que o dominio non se traduza nos goles que deberán, como sucedeu no primer tempo. Noraboa e a continuar así.

O próximo fin de semana os benxamíns do Numancia xogarán en Prados Vellos fronte a U.D. Cebarca.

Pulsa no seguinte enlace para ver resultados, clasificación e fichas técnicas da xornada.

 

Colaboradores

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.